A Fundación Galiza Sempre é unha fundación constituída en 1999, promovida polo Bloque Nacionalista Galego. Inscrita no Rexistro único de fundacións de interese galego da Xunta de Galicia co número 1999/15 e no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. Forma parte do Centre Maurits Coppieters, fundación política europea; da Rede Mundial polos Dereitos Colectivos dos Pobos; e do Consello Internacional de Arquivos.

Actividade A fundación desenvolve dúas liñas de actuación prioritarias: unha, dirixida á promoción do pensamento socioeconómico, político e cultural de Galiza, e outra adicada á preservación e difusión da memoria histórica de Galiza e especificamente do nacionalismo galego.

No ámbito do pensamento distínguense na súa traxectoria tres eixes temáticos: o mundo das nacións sen estado; a crítica do neoliberalismo, a desigualdade e a exclusión e social; e, en terceiro lugar, as políticas públicas alternativas en ámbitos como o feminismo, a cultura, a participación cidadá ou as transformacións sociais asociadas ao autogoberno.

Na procura dunha nova cultura política asentada na diversidade, a fundación estendeu o seu campo de acción alén de Galiza mantendo relacións con entidades do País Vasco, Cataluña e Portugal, e participando activamente en redes europeas ou no Foro Social Mundial.

O seu primeiro presidente foi Xosé Manuel Beiras.

Presidentes 1999 - 2012: Xosé Manuel Beiras 2012 - 2014: Xesús Veiga 2014 - 2016: Guillerme Vázquez 2016 - 2019: Francisco Jorquera 2019 - presente: Rubén Cela

Notas

Galiza Sempre Categoría:Nacionalismo galego