TPA8 (anteriormente TPA-2) é a segunda canle de televisión autonómica de Asturias, xestionada polo ente público Radiotelevisión del Principado de Asturias. Ten a súa sede e estudos na Universidade Laboral de Xixón.

O domingo 2 de maio de 2010 inaugura as súas retransmisións coa emisión da final da Copa de Europa de hóckey a patíns feminino.

O día 12 de setembro de 2011, TPA iniciou as súas emisións en formato panorámico, e incorporáronse dúas novas canles de son, unha en versión orixinal e outra con audiodescrición.TPA inicia as súas emisións en 16:9 e incorpora audio en versión orixinal e audiodescrición

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web de Radiotelevisión del Principado de Asturias

Categoría:Radiotelevisión del Principado de Asturias Categoría:Cadeas de televisión de Asturias