Chemikal Underground é un selo discográfico independente fundado en 1994 en Glasgow pola banda escocesa The Delgados. Creárona para lanzar o seu primeiro sinxelo, "Monica Webster"/"Brand New Car" e deu a coñecer moitos novos grupos escoceses de indie dos anos 90.
Cando a terceira edición de Chemikal Underground foi un éxito, o EP The Secret Vampire Soundtrack de Bis, o selo comezou a expandirse. Ata a data The Secret Vampire Soundtrack é o único traballo publicado por Chemikal Underground en entrar no top 40. Posteriores éxitos do selo serían os álbums de estrea de Mogwai e Arab Strap. Outros artistas que asinaron con Chemikal Underground foron Magoo, Aereogramme, Cha Cha Cohen, Sluts of Trust, Suckle ou The Radar Brothers, e máis recentemente Mother and the Addicts e De Rosa, ademais do membro de Arab Strap Malcolm Middleton co seu traballo en solitario. No ano 2000 lanzaron Fukd ID para publicar edicións limitadas (1.000 CDs e 12") de sinxelos de grupos que non necesariamente pertencían ao selo, como Interpol co seu Fukd ID #3.
Artistas
Adrian Crowley Aereogramme Aidan Moffat Aloha Hawaii Angil & the Hidden Tracks Arab Strap Backwater Bis Cha Cha Cohen Conquering Animal Sound De Rosa The Delgados The Fruit Tree Foundation Holy Mountain Loch Lomond
Magoo Malcolm Middleton Mogwai Mother and the Addicts Mount Wilson Repeater The Phantom Band The Radar Brothers Rick Redbeard RM Hubbert Sister Vanilla Sluts of Trust Suckle The Unwinding Hours Yatsura Zoey Van Goey
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes do Reino Unido