Sarzeau (en ) é un concello do departamento de Morbihan, na rexión administrativa da Bretaña, no noroeste de Francia.INSEE commune file
Xeografía Sarzeau é o máis grande dos cinco concello da Península de Rhuys. Dista 22 quilómetros de Vannes.
Demografía
Patrimonio Castelo de Suscinio. Foi unha das residencias dos duques da Bretaña durante a Idade media. Construído no século XIII e fortificado no século XV. En ruínas durante moito tempo, a súa restauración comezou en 1965. Capela Notre-Dame-de-la-Côte, dos séculos XVII e XIX. Igrexa Saint-Saturnin, do século XVII. Castelo de Kerlévénan, do século XVIII. Reserva ornitolóxica do Duer. Menhir de Kermaillard.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos do departamento de Morbihan