miniatura|299px|Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, a Pardo Bazán e Picadillo. Alfredo Tella Comas, nado na Coruña en 1873 e finado en Madrid o 12 de outubro de 1927El Orzán, 13-10-1928, p. 1., foi un xornalista galego.
Traxectoria Irmán de Mercedes Tella. Xornalista xocoso, foi redactor de El Noroeste e despois de El Orzán, e colaborou en El Correo Gallego.
O 17 de febreiro de 1903 na súa crónica de El Noroeste fixo un comentario sarcástico sobre os mozos que se vestían de "madamas" no Entroido, solicitando que o alcalde tomase medidas para evitar equívocos. Ao día seguinte, o alcalde Argudín Bolívar publicou o bando de entroido, cun artigo no que prohibía que os homes se disfrazasen de muller. La Voz de Galicia ironizou con que a medida prexudicara aos homes, e non ao revés. Ao ano seguinte, Francisco Mariño, o sucesor no cargo de Argudín Bolívar prohibiu tamén que as mulleres se disfrazasen de home.
Recoñecementos O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 1966.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1927