O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña (en catalán: Catàleg d'autoritats de noms i títols de Catalunya), máis coñecido polo acrónimo Càntic, é un catálogo de autoridades de Cataluña, cooperativo e en liña. O seu obxectivo é normalizar os puntos de acceso aos catálogos bibliográficos, mellorar a comunicación entre os diferentes catálogos e favorecer a busca e recuperación da información. Por estandarizar os nomes, nomes-títulos e títulos (chamados "puntos de acceso") dá consistencia aos catálogos do sistema bibliotecario. Facilita un intercambio máis áxil e eficaz entre rexistros bibliográficos e, en definitiva, fai posible que os usuarios realicen buscas asistidas, precisas e exhaustivas. Os datos están integrados no catálogo virtual internacional de autoridades Virtual International Authority File (VIAF).

É un servizo que a Biblioteca de Catalunya coordina no marco do Catálogo Colectivo das Universidades de Cataluña (CCUC) que dá un trato especial ás autoridades de nome e título vinculados á cultura catalá que reciben un traballo de autoridade completo. Proporcionan, en moitos casos, acceso á información da Gran Enciclopèdia Catalana.

Contribuirá á creación dun futuro Catálogo Único de Cataluña (CUC), concibido en 2004 no marco do Acordo de Goberno para a mellora e modernización do sistema bibliotecario de Cataluña.

Historia e evolución miniatura|226x226px|Biblioteca de Catalunya En 2002, a Comisión Asesora de Catalogación, órgano consultivo da Biblioteca de Catalunya en materia de catalogación, tratou o tema da necesidade de crear unha lista de autoridades de Cataluña. Decidiu crear unha subcomisión técnica que estudara a viabilidade do proxecto e que elaborara os requirimentos e as funcionalidades da lista de autoridades de nomes e títulos, tendo en conta as necesidades reais e viables do sistema bibliotecario catalán.

De marzo a outubro de 2003, a subcomisión elaborou un informe no que redacta a definición e os obxectivos da lista. Constatouse que a situación do control de autoridades do sistema bibliotecario catalán aínda non satisfacía as necsidades nin evitaba a duplicación de tarefas, esforzos e custos. Seguindo o modelo doutras experiencias internacionais, considerouse que un catálogo de autoridades único en Cataluña sería un proxecto viable que favorecería o intercambio de rexistros bibliográficos e o acceso e a recuperación da información. O informe redactou as bases para a creación do catálogo de autoridades así como o modelo cooperativo e os requirimentos e as funcionalidades do programario de xestión.

O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña creouse ao amparo da Lei 4/1993 do Sistema Bibliotecario de Cataluña. «A Biblioteca de Catalunya supervisa, valida e unifica nunha única lista o catálogo de autoridades.» Comezou a funcionar en 2007 e en setembro de 2003 tiña xa uns 30.000 rexistros. En outubro de 2014 acadáronse os 147.500 rexistros.

Institucións participantes En 2015 participan no catálogo: Biblioteca de Catalunya Casa Àsia Centro de Lectura de Reus Consorcio de Bibliotecas das Universidades de Cataluña Colexio de Avogados de Barcelona Filmoteca de Cataluña Museo de Arte Contemporánea de Barcelona Museo Nacional de Arte de Cataluña Universidade Aberta de Cataluña Universidade Autónoma de Barcelona Universidade de Barcelona Universidade de Lleida Universidade de Valencia Universidade de Vic Universidade de Xirona Universidade Jaume I Universidade Politécnica de Cataluña Universidade Pompeu Fabra Universidade Rovira i Virgili

Mantemento e actualización Os rexistros de autoridades do catálogo créanse seguindo as regras de catalogación angloamericanas, a normativa catalográfica internacional e as concrecións da Biblioteca de Catalunya aprobadas polos membros do CCUC.Concrecions a les AACR2 Part II (Encapçalaments, títols uniformes, referències), Ed. 2008. Barcelona : Biblioteca de Catalunya, 2008 Para codificar os rexistros utilízase o Format Marc 21, un dos formatos MARC usados na actualidade.Format Marc 21 per a dades d’autoritat, Edició anglesa, Edició concisa catalana Existe tamén un Manual Càntic co procedemento de elaboración dos rexistros de autoridade para as entidades que participan.Manual Càntic , Barcelona, Biblioteca de Catalunya, actualización de agosto de 2013, 50 páxinas

O Servizo de Normalización Bibliográfica da Biblioteca de Catalunya é o encargado de ofrecer formación e soporte a todos os participantes e ademais vela pola calidade dos rexistros de autoridade. A base de datos actualízase cada mes e pode consultarse no sitio web da Biblioteca de Catalunya.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Biblioteconomía Categoría:Identificadores Categoría:Cultura de Cataluña