miniatura|300x300px|Segunda serie de moedas circulantes O kwacha de Malawi ("abrente" en bemba) é a moeda oficial de Malawi desde 1971, cando se substituíu a líbra de Malawi. O seu código monetario é ISO 4217: MWK. O kwacha está dividido en 100 tambala ("galos"). O nome da unidade monetaria provén dun antigo lema nacionalista compartido con Zambia: "Un novo abrente de liberdade". Este é o motivo polo que ambas as moedas teñen a mesma denominación (os códigos do kwacha zambiano son ISO 4217: ZMK).

Billetes Os billetes emitidos polo Banco Central corresponden ás denominacións de:

20 kwacha (morado) 50 kwacha (ciano) 100 kwacha (vermello) 200 kwacha (azul) 500 kwacha (rosa) 1000 kwacha (verde) No ano 2007 emitíronse por derradeira vez os billetes de 5 e 10 kwacha, malia permaneceren en circulación e manteren o seu uso durante un tempo, ata que os bancos os foron retirando paseniño.

Moedas A primeira serie de moedas abranguía os valores de 1 a 20 tambala. Posteriormente, en 1993 engadiuse o facial metálico de 1 kwacha e a principios de 2007 incluíronse dúas novas moedas bimetálicas de 5 e 10 kwacha, que irían substituíndo progresivamente os billetes da mesma denominación. No ano 2012 cuñouse unha nova serie de moedas de 1, 5 e 10 kwacha, de menor tamaño e peso.

Moedas actualmente en uso Estas son as características principais das moedas actualmente en circulación: Denominación Circula desde Forma Metal Diámetro Canto Anverso Reverso 1 kwacha 2012 CircularAceiro 20 mm Estriado Aguia Escudo nacional 5 kwacha 2012 Heptagonal Aceiro 22 mm Estriado Garza Escudo nacional 10 kwacha 2012 Circular Aceiro 22 mm Estriado Elefante Escudo nacional

Moedas da segunda serie Denominación Circula desde Forma Metal Diámetro Canto Deseño no anverso Deseño no reverso Anel Centro 1 tambala Anos 70 Circular Cobre Liso Peixe e valor facial Escudo nacional 2 tambala Anos 70 Circular Cobre Liso Ave e valor facial Escudo nacional 5 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Garza e valor facial Escudo nacional 10 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Millo e valor facial Hastings Banda 20 tambala Anos 70 Circular Aceiro Estriado Elefante e valor facial Hastings Banda 50 tambala 1993 Heptagonal Latón Liso Cebra e valor facial Hastings Banda 1 kwacha 1993 Circular Latón Estriado Aguia e valor facial Hastings Banda 5 kwacha 2007 Circular Níquel Latón 27 mm Estriado Pescadores e valor facial Escudo nacional 10 kwacha 2007 Circular Latón Aceiro 28 mm Estriado Recolectores e valor facial Escudo nacional

Notas

Véxase tamén Bibliografía Krause, Chester L. e Clifford Mishler (2002). Standard Catalog of World Coins: (1901-2002). Krause Publications. ISBN 0-87349-401-6. Pick, Albert (2009). Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.

Categoría:Moedas de África Categoría:ISO 4217