Este artigo trata sobre o trebello, para o grupo de uvas en que se divide un cacho, véxase: Acio.

dereita|thumb|260px|Escada de apoiar tradicional. Unha escadaGran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012, escala, esqueiro ou esqueira é unha escaleira normalmente de madeira ou metálica formada por dúas hastas (pezas longas verticais) ligadas por barras ou paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptábel a un vehículo. Serven para que as persoas poidan ascender e descender de lugares inaccesíbeis por se atoparen a distinta altura ou nivel. Empréganse principalmente en actividades de bricolaxe, xardinaxe, fruticultura.

Por extensión chámase escada ao guión detallado que reflicte os contidos e a súa duración dentro dun programa, así como a súa forma de presentaciónDicionario galego de televisión, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro Ramón Piñeiro, 2005.

Partes Están compostas por dous montantes ou hastas de lonxitude variábel unidos transversalmente grazas a traveseiros colocados de xeito equidistante chamados banzos ou chanzos que permiten o ascenso progresivo até a zona desexada. Son trebellos facilmente transportábeis pola súa levidade. Orixinalmente fabricábanse de madeira e ademais dos usos actuais eran comúns para acceder a sobrados e faiados. Actualmente o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e porque permite unións entre banzos e montantes de maior consistencia, que prolongan a vida útil da escada.

Tipos e normativa De forma xenérica, as escadas pódense dividir en dous grupos: Apoiábeis, as tradicionais, non teñen estabilidade por si mesmas e cómpre apoialas no elemento a ascender: parede, árbore, fachada, sobrado, etc. Autoestábeis ou dobresNome en galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004. Susténtanse por si mesmas.

Tamén existen as seguintes: Corredeira Telescópicas ou extensíbeis Con plataforma

Existen infinidade de modelos de escadas en función da altura, o número de pasos, artellamento, etc. Algunhas dispoñen de plataformas de traballo, varandas e elementos de ancoraxe para realizar tarefas a determinada altura con total seguranza.

A normativa DIN EN 131 regula, a nivel europeo a fabricación e características das escadas.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Escaleira Chanzo

Categoría:Ferramentas Categoría:Escaleiras