miniatura|300px|Carballeira de Santa Susana. A carballeira de Santa Susana é un outeiro de Santiago de Compostela que forma parte do Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e o Paseo da Ferradura..
Foi coñecido antigamente como outeiro de Poldros, no que houbo un castro.
Historia No século XII, o arcebispo Xelmírez mandou construír unha igrexa para albergar as reliquias de Santa Susana de Braga, templo que foi remodelado nos séculos XVII e XVIII, e que está hoxe rodeado por máis de 300 carballos centenarios que forman unha magnífica carballeira.
Características No alto do outeiro existe unha capela, a capela de Santa Susana, que data de fins do século XVII e comezos do XVIII, reconstrución da capela medieval na que o arcebispo Xelmírez levou os restos de Santa Susana que trouxera de Braga.
No adro da igrexa xuntábanse, na época de Xelmírez, os representantes dos veciños cada venres, o que deu orixe ao concello de Santiago.
A carballeira de Santa Susana está bordeada totalmente polo Paseo da Ferradura.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cruz carolinxia Parque da Alameda de Santiago de Compostela Paseo da Alameda Paseo da Ferradura Ligazóns externas "Alameda, el Paseo da Ferradura y Carballeira de Santa Susana, copatrona de la ciudad del Apóstol: esplendor verde de Santiago", no blog Xurde Morán, marzo de 2016 . "Santa Susana, a carballeira asemblearia", post de Celso Alberte Magariños Costas no blog A Nosa Historia, xaneiro de 2016.
Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Carballeiras Categoría:Parques de Santiago de Compostela