O rublo (en armenio: ռուբլի , en ruso: рубль) foi a moeda de curso legal da antiga República Democrática de Armenia e da República Socialista Soviética de Armenia entre 1919 e 1923. Substituíu o primeiro rublo transcaucásico co mesmo valor, e foi substituído de novo polo rublo transcaucásico en 1923, tras a proclamación da RSS de Armenia. Non existe fracción do rublo armenio nin se emitiron moedas.

Billetes Durante a República Democrática emitíronse billetes en denominacións de 5, 10, 25, 50, 250, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 rublos, cun deseño simple e o texto en ruso. Porén, os billetes de 50, 100 e 250 rublos imprimíronse no Reino Unido na imprenta de Waterlow and Sons Ltd., cun deseño máis elaborado e o texto en armenio.

Na República Socialista introducíronse denominacións de 5.000, 10.000, 25.000, 100.000, 500.000, 1 e 5 millóns de rublos. Estes billetes tiñan o texto impreso en ruso e en armenio, xunto a símbolos e slogans comunistas nos reversos. +Billetes impresos en Armenia Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso 5 rublos Gris129x129px129x129px 50 rublos Verde129x129px129x129px 250 rublos Vermello129x129px129x129px 500 rublos Azul129x129px129x129px 5.000 rublos Marrón e vermello129x129px129x129px 10.000 rublos Marrón e verde129x129px129x129px +Billetes impresos no Reino Unido Denominación Cor predominante Imaxe do anverso Imaxe do reverso 50 rublos Marrón e vermello129x129px129x129px 100 rublos Verde129x129px129x129px 250 rublos Marrón e violeta129x129px129x129px

Véxase tamén

Outros artigos Dram armenio

Categoría:Moedas de Armenia Categoría:Rublo Categoría:Moedas fóra de curso