José Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga, nado no Barco de Valdeorras o 21 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1953Necrolóxica en ABC, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel de Quiroga Vázquez de Quiroga. Foi oficial primeiro do Goberno civil da Coruña en 1903El Correo de Galicia, 16-9-1903, p. 2., secretario do Goberno civil de Santander en 1906El Correo de Galicia, 31-3-1906, p. 2., e deputado maurista por Valdeorras (1907-1908). O 13 de outubro de 1908 renunciou. Foi gobernador civil de Burgos. Foi xefe superior de Administración civil do Ministerio da Gobernación até a súa xubilación en 1943. Herdou o título de conde de San Martín de Quiroga en 1910 ao falecer a súa avoa María Manuela Vázquez Quiroga Queipo de LlanoGaceta de Galicia, 4-7-1910, p. 1..

Vida persoal Casou en Santander con Isabel Abarca Fornés en 1906 e foi o pai de Elena Quiroga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes