miniatura|270px|Chanzos do anfiteatro de Tarraco. miniatura|270px|Bancadas no Estadio de Riazor, A Coruña. Unha bancada é unha fileira de asentos desde os que se presencia un espectáculo, por exemplo nun estadio, circo, etc.Definición en Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012 O termo en plural: bancadas designa o conxunto de fileiras colocadas en xeito ascendente para visualizar o espectáculoTermo en plural en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004.

Un termo semellante é o de chanzo, cada un dos distintos niveis que serven de asento para os espectadores dun estadio, anfiteatro etc.

Os primeiros exemplos aparecen nos circos e anfiteatros gregos e romanos. Hoxe en día aparecen en estadios, cinemas ou lugares de reunión como teatros, circos e lugares públicosVocabulario da música e espectáculos, Santiago, Xunta de Galicia, 1988; Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998.

Outros significados O termo bancada reférese tamén ao conxunto de táboas que teñen as embarcacións pequenas, como as dornas, gamelas, chalanas etc., colocadas de babor a estribor, onde se sentan os que vogan. Taméns e lle chama así á división da embarcación, espazo que queda entre banco e banco.

Nalgúns dicionarios bancada aparece coma sinónimo socalco ou bancal, valado de pedra que serven para conter as terras de cultivo nos terreos moi pendentes, e tamén estas terras de cultivo"Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Léxico de arqueoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996; Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura, Vigo, COAG-Concello de Vigo, 1998; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Tribuna (arquitectura) Vomitorio

Categoría:Instalacións deportivas Categoría:Edificacións por tipo Categoría:Elementos arquitectónicos da Roma Antiga