miniatura|220px|esquerda|Os espectros de absorción das clorofilas a e b. O uso de ambas xuntas mellora o intervalo de lonxitudes de onda do espectro de absorción de luz para producir enerxía. A clorofila bLide, David R., ed. (2009). CRC Handbook of Chemistry and Physics (90th ed.). Boca Raton, Florida: CRC Press. ISBN 978-1-4200-9084-0. é un tipo de clorofila que funciona como pigmento fotosintético, que colabora na absorción da enerxía da luz na fotosíntese. É máis soluble que a clorofila a en solventes polares debido ao seu grupo carbonilo. A súa cor é amarela, e absorbe principalmente luz azul.

Nas plantas terrestres, as antenas recolectoras de luz arredor do fotosistema II conteñen a maioría da clorofila b da planta. Por tanto, en cloroplastos adaptados á sombra, que teñen unha proporción incrementada de fotosistema II en relación ao fotosistema I, hai unha menor proporción de clorofila a con respecto á b.Kitajima K., Hogan KP. Increases of chlorophyll a/b ratios during acclimation of tropical woody seedlings to nitrogen limitation and high light. Plant Cell Environ. 2003 Jun;26(6):857-865. PMID 12803613. Isto é adaptativo, xa que o incremento de clorofila b aumenta o intervalo de lonxitudes de onda absorbidas polos cloroplastos adaptados á sombra.

200px<center>200pxEstrutura da molécula da clorofila b que mostra a súa longa cola hidrocarbonada

Notas

Categoría:Tetrapirrois Categoría:Pigmentos fotosintéticos