O Parque Nacional de Triglav atópase en Eslovenia.
Datos de interese O Parque Nacional creouse no 1981 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior, o monte Triglav acada os 2.864 metros. Predominan as forestas caducifolias con hábitats da alta montaña propios dos Alpes. A zona protexida abrangue 84.800 hectáreas.
Flora e fauna Importante presenza de flores alpinas, faiais e grandes extensións de piñeiros. Pódense atopar íbices. rebezos e marmotas nas partes máis altas. Máis abaixo atópase o muflón. Entre as aves salientar a aguia real, o lagópodo cinsento e a perdiz grega.
Véxase tamén
Ligazóns externas Web do parque .
Categoría:Parques nacionais de Eslovenia Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1981