Ramón Godás Justo, nado en Fontao (Astureses, Boborás) o 21 de xuño de 1871 e finado no Carballiño o 23 de agosto de 1952, foi un fotógrafo e impresor galego.
Traxectoria Autodidacta, fabricou a súa primeira cámara el mesmo con dous caixóns encaixados e un obxectivo. Con esta cámara recolleu o que lle chamaba a atención e viaxou a Portugal para facer reportaxes sociais. Casou e estableceuse en San Cristovo en 1895. En 1908 trasladouse ao Carballiño e montou o seu estudio na Casa do Arfeirán. En 1909 fixo fotos dunha manifestación no Carballiño en protesta polo masacre de Oseira.. Posteriormente mercou un terreo e construíu a súa casa na rúa Bugallal con imprenta e estudio fotográfico denominado La Ibérica. Nesta imprenta editáronse os periódicos El Sol e Hermandad. Nos anos trinta fundou a empresa Automóviles Godás, que facía a ruta do Carballiño a Ribadavia, Ourense e Dadín. Tamén foi o operador do primeiro cine do Carballiño, o Pabellón Neira. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 a súa ideoloxía esquerdista causoulle problemas, foi perseguido e estivo unha tempada refuxiado en Verín na casa do seu fillo Maximino. Os seus fillos e netos seguiron exercendo como fotógrafos e impresores. Foi soterrado en Señorín.
Vida persoal
Casou en Regodeigón con Luisa Retorta Fernández o 18 de maio de 1895, e foi pai de once fillos, entre eles Benito Godás Retorta.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Boborás Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes