miniatura|400px|Os nativos americaos concéntranse, actualmente, no oeste dos Estados Unidos. A deportación dos indios dos Estados Unidos, que se chama oficialmente indian removal ("desprazamento dos indios"), foi unha política do goberno dos Estados Unidos durante a primeira metade do século XIX que comportou a deportación practicamente total das nacións indias do leste cara ao Far West, máis aló do río Mississippi, concretamente a un territorio indio designado (aproximadamente, o que hoxe se corresponde con Oklahoma).
Asimilación ou desprazamento voluntario
Dende a presidencia de Thomas Jefferson, a política estadounidense nesta cuestión foi a de autorizar os indios a ficar no leste do Mississippi, sempre que fosen asimilados ou "civilizados". O obxectivo inicial desta política era facelos abandonar a súa propia identidade, cultura e relixión en favor da cultura europea, da relixión cristiá e dun xeito de vida sedentario agrícola. Jefferson confiaba que asimilándoos, e despois de facelos abandonar os seus medios de vida tradicionais (cazaría), os indios serían economicamente dependentes do comercio e da poder económico dos americanos brancos, e que, desta maneira, estarían dispostos a renunciar ás súas terras ancestrais en troques de bens materiais.
Nunha carta a William Henry Harrison, Jefferson escribiu en 1803:
A adquisición das terras dos nativos foi un proceso moi longo, e cada paso que se deu cubríuse xuridicamente por un tratado, mais ás veces empregouse a forza directamente. Ó comezo do século XIX, a noción de "terras de intercambio" foi desenvolvida e escrita nalgúns tratados de cesión territorial. Cada tribo india renunciaría ás súas terras do leste do país en troques dun anaco de terra igual ou comparable no oeste do río Mississippi (coma se aquela rexión estivese deserta e non vivisen xa outras tribos). Esta idea propúxoa Thomas Jefferson dende 1803, pero non se comezou a reflectir nos tratados até o 1817, cando o pobo cherokee cedeu unha grande extensión de terras no leste por un territorio das mesmas dimensións onde hoxe está o estado de Arcansas. A continuación asináronse moitos outros tratados deste estilo, pero finalmente este proceso desembocou no Indian Removal Act.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sendeiro das bágoas Relocalización do Alto Ártico
Categoría:Historia dos Estados Unidos de América