O Gran Premio de Bahrain de 2016 (oficialmente coñecido como 2016 Formula 1 Gulf Air Bahrain Grand Prix)) foi unha carreira de Fórmula Un que se celebrou o 3 de abril de 2016 no Circuíto Internacional de Bahrain en Sakhir, Bahrain. A carreira foi a segunda rolda da tempada de Fórmula Un e marca a duodécima vez que se celebra o Gran Premio de Bahrain como parte do Campionato Mundial de Fórmula Un.
Resumo Antecedentes Tralas numerosas críticas sobre o sistema de cualificación "eliminación" utilizado en Australia, os equipos pediron abandonar o formato e volver ao sistema utilizado entre e . Con todo, na semana logo da carreira, o "Strategy Working Group" do deporte reuniuse para votar formalmente sobre o asunto, e optou por manter o formato de "eliminación" para o Gran Premio de Bahrain, suxeito a unha revisión máis a fondo antes da próxima rolda na China.
Como consecuencia da colisión con Esteban Gutiérrez no Gran Premio de Australia, os médicos da FIA prohibiron a Fernando Alonso participar na carreira pola incerteza sobre o seu estado de saúde, tiña un costela, e como resultado foi substituído polo piloto de reserva de McLaren Stoffel Vandoorne. Gutiérrez recibiu un novo chasis logo de que o seu equipo. atopara que o chasis orixinal resultara demasiado danado no accidente para ser reparado. Mentres tanto, Ferrari foi capaz de utilizar o mesmo motor que en Australia no coche de Kimi Räikkönen, malia que se incendiou logo dunha avaría no turbo. A rápida reacción de equipo evitou danos no motor de combustión, e en Bahrain só cambiaron o turbo. Alfonso Celis Jr. está listo para facer a súa primeira aparición nunha sesión de Fórmula Un durante a primeira práctica libre con Force India.
Pirelli forneceu tres compostos en Bahrain, entre os que elixiron os pilotos. As tres opcións para a carreira foron os compostos super-brandos, brandos e medios, o mesmo que para a rolda anterior en Australia. Os principais candidatos, Mercedes e Ferrari, optaron por estratexias diferentes na elección dos pneumáticos, Mercedes utilizou un só xogo dos pneumáticos medios máis duros, para os seus dous pilotos, mentres que Ferrari elixiu tres xogos dos pneumáticos de composto brando.
Práctica libre Segundo o regulamento da tempada celebráronse tres sesións de prácticas, dúas sesións de noventa minutos o venres e outra sesión dunha hora antes da cualificación do sábado. Durante a primeira sesión de adestramentos do venres, Mercedes estableceu un tempo ben lonxe dos seus rivais máis próximos. Nico Rosberg foi o máis rápido cun tempo de 1:32.292, máis de medio segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Lewis Hamilton en segundo lugar. Kimi Räikkönen foi o terceiro máis rápido, aínda que case dous segundos máis lento que Rosberg. Os debutantes Stoffel Vandoorne e Alfonso Celis Jr. foron 18º e 21º respectivamente, máis lentos que os seus compañeiros de equipo. A sesión estivo marcada por un clima infrecuentemente frío, representativo das condicións de carreira que se esperaban para o domingo, que se disputou de noite. Polo tanto, moitos equipos decidiron facer cos seus coches un gran número de voltas, con dezaseis pilotos facendo vinte voltas ou máis.
Rosberg foi de novo o máis rápido na segunda sesión de adestramentos o venres pola noite. O seu tempo de 1:31.001 foi un segundo e medio máis rápido que o tempo da pole position da carreira do ano anterior. Lewis Hamilton foi o segundo máis rápido, 0,241 segundos por detrás de Rosberg. McLaren logrou o seu mellor resultado nos últimos tempos, Jenson Button marcou o terceiro mellor tempo, malia que quedou a máis dun segundo do mellor tempo. Max Verstappen seguiu no cuarto, por diante dos dous Ferrari de Raikkonen e Vettel. Este último fixara o terceiro mellor tempo co composto de pneumático brando, pero os erros durante as súas voltas cos pneumáticos súper brandos significaron que non acadaría máis arriba do sexto ao final. Tivo que terminar a súa sesión quince minutos antes, cando a porca da súa roda traseira esquerda desprendeuse. Vandoorne quedou na undécima posición na súa segunda sesión, mentres que Sergio Pérez, que tomou de novo o coche de Celis, foi décimo quinto, dous postos por diante do seu compañeiro de equipo Nico Hülkenberg.
Cualificación A cualificación do sábado foi disputada baixo as regulacións do "formato de eliminación" de 2016. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o procedemento de cualificación dividiuse en tres partes, coa primeira parte (Q1) disputada durante 16 minutos e a segunda e a terceira (Q2 e Q3) con 15 e 14 minutos de duración, respectivamente. Os vinte e dous coches disputaron a primeira parte, sete pilotos quedaron eliminados en cada unha das dúas primeiras quendas da cualificación, quedando oito pilotos para competir pola pole position na Q3. Con todo, nun cambio das regras, os pilotos foron agora eliminados durante a sesión, co corredor máis lento eliminado da contenda cada noventa segundos, comezando aos sete minutos na Q1, ao seis minutos na Q2 e aos cinco minutos na Q3. No inicio da Q1, todos os coches establecen a volta rápida, antes de que os mellores pilotos volvan ao pitline, deixando a pista aos que loitan pola eliminación. Felipe Nasr e Río Haryanto foron os primeiros eliminados. O seguinte foi Jolyon Palmer, Kevin Magnussen cualificou 19º, pero foi sancionado polo que tivo que comezar desde o pit lane.
Na Q2, Lewis Hamilton marcou o mellor tempo, pero un erro de Nico Rosberg permitiu que Vettel colocarase segundo. Daniil Kvyat foi o primeiro piloto en ser eliminado, seguido de Button, Gutiérrez e Vandoorne. Nico Hülkenberg foi o único piloto en saír a mellorar o seu tempo, logrando pasar a Q3 no oitavo lugar, deixando a Grosjean, Max Verstappen e Carlos Sainz atrás.
Os principais candidatos estableceron as súas primeiras voltas cronometradas na Q3, Hamilton cometeu un erro e saíuse na última curva, quedando detrás dos dous pilotos de Ferrari. Hülkenberg, os dous pilotos de Williams e Ricciardo foron eliminados sen facer outra volta, mentres que os catro coches máis rápidos saíron de novo. Hamilton marcou o mellor tempo rápido do circuíto de Bahrain, 1:29.493, para lograr pole position por diante de Rosberg, que foi só 0,077 segundos máis lento. A medio segundo, Vettel logrou o terceiro lugar na grella por diante do seu compañeiro Räikkönen
Carreira
Post-carreira
Clasificación Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella1 44Mercedes1:31.3911:30.0391:29.49312 6Mercedes1:31.3251:30.5351:29.57023 5Ferrari1:31.6361:30.4091:30.01234 7Ferrari1:31.6851:30.5591:30.24445 3Red Bull-TAG Heuer1:31.4031:31.1221:30.85456 77Williams-Mercedes1:31.6721:30.9311:31.15367 19Williams-Mercedes1:32.0451:31.3741:31.15578 27Force India-Mercedes1:31.9871:31.6041:31.62089 8Haas-Ferrari1:32.0051:31.756910 33Toro Rosso-Ferrari1:31.8881:31.7721011 55Toro Rosso-Ferrari1:31.7161:31.8161112 47McLaren-Honda1:32.4721:31.934 1213 21Haas-Ferrari1:32.1181:31.9451314 22McLaren-Honda1:31.9761:31.998 1415 26Red Bull-TAG Heuer1:32.5591:32.2411516 94MRT-Mercedes1:32.8061617 9Sauber-Ferrari1:32.8401718 11Force India-Mercedes1:32.9111819 20Renault1:33.181PLKevin Magnussen iniciara a carreira desde o pit lane como sanción por non parar para un pesaxe obrigatorio durante os adestramentos libres 2.20 30Renault1:33.4381921 88MRT-Mercedes1:34.1902022 12Sauber-Ferrari1:34.38821107% tempo: 1:37.717Fonte:
Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos1 6 Nico RosbergMercedes571:33.34.6962252 7 Kimi RäikkönenFerrari57 +10.2824183 44 Lewis HamiltonMercedes57 +30.1481154 3 Daniel RicciardoRed Bull-TAG Heuer57 +1:02.4945125 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari57 +1:18.2999106 33 Max VerstappenToro Rosso-Ferrari57 +1:20.9291087 26 Daniil KvyatRed Bull-TAG Heuer56 +1 volta1568 17 Felipe MassaWilliams-Mercedes56 +1 volta749 77 Valtteri BottasWilliams-Mercedes56 +1 volta6210 47 Stoffel VandoorneMcLaren-Honda56 +1 volta12111 20 Kevin MagnussenRenault56 +1 voltaPL12 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari56 +1 volta1713 94 Pascal WehrleinMRT-Mercedes 56 +1 volta161412 Felipe NasrSauber-Ferrari56 +1 volta2115 27 Nico HülkenbergForce India-Mercedes56 +1 volta816 11 Sergio PérezForce India-Mercedes56 +1 volta1817 88 Rio HaryantoMRT-Mercedes56 +1 volta20Ret 55 Carlos SainzToro Rosso-Ferrari2911Ret 21 Esteban GutiérrezHaas-Ferrari1013Ret 22 Jenson ButtonMcLaren-Honda6Unidade de potencia14NTS 5 Sebastian VettelFerrari0Motor—NTS 30 Jolyon PalmerRenault0 Hodráulica—Fonte:
Posicións logo da carreira Texto en negra indica que aínda ten unha oportunidade teórica de converterse en campión do mundo.
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Pts. 10px 1 Nico Rosberg 50 10px 2 Lewis Hamilton 33 10px 1 3 24 10px 14 4 Kimi Räikkönen 18 10px 1 5 Romain Grosjean 18
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Pts. 10px 1 Mercedes 83 10px 2 Ferrari 33 10px 1 3 Red Bull Racing-Renault 30 10px 1 4 20 10px 5 Haas-Ferrari 18
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Bahrain Categoría:Gran Premio de Bahrain de Fórmula 1