O termo Morteiro pode referirse a:
Morteiro, recipiente de material duro que se utiliza en usos domésticos ou en laboratorios para machucar certas substancias; Morteiro, especie de canón portátil, de gran calibre e de curto alcance; Morteiro, aparello parecido a esa arma co que se lanzan fogos de artificio; Morteiro, mestura de cemento ou cal con area, e auga que se utiliza na construción, argamasa, masa; Morteiro, cada unha das porcións en que se retalla unha horta para plantar unha determinada clase de hortalizas, taco, torna.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza O Morteiro, lugar da parroquia de San Xusto de Cabarcos no concello de Barreiros.
Véxase tamén Outros artigos O Morteirado, lugar da parroquia de Franza no concello de Mugardos; O Morteiral, lugar da parroquia de Celas no concello de Culleredo.