miniatura|"Neste lugar ás dúas beiras da estrada ao mencer do 15 de setembro de 1936 apareceron asasinados polos fascistas os corpos deMarcial Araújo CondeEugenio Arbones CastellanzueloLuís Bilbatúa ZubeldiaSegundo Echegaray GarcíaAdolfo Morgade PazosAbraham Muñoz ArconadaInocencio Taboada Montoto.O pobo non esquece. 15 de setembro de 2007." Segundo Echegaray García, nado en Buenos Aires o 5 de decembro de 1900 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un perito industrial e empresario galego.

Traxectoria Era fillo de Martín Echegaray Olañeta (1866-1931), propietario da illa de Toralla. Masón, pertencía, igual que pertencera o pai, á loxa Vicus nº 8."Ficha de encausado de Segundo Echegaray García" Centro Documental de la Memoria Histórica. Cando o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou a Enrique Blein Budiño, exalcalde e amigo da familia. Segundo foi detido e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araujo Conde e Adolfo Morgade Pazos. Os seus restos foron trasladados a Buenos Aires, onde descansan no panteón familiar.

Tralo asasinato de Segundo, a nai, Inocencia García Iglesias, e os irmáns: Eduarda, Juan Luis, Isabel e Inocencia, exiliáronse na Arxentina. O irmán Martín, pintor, refuxiouse en Francia.

Notas

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936