O Gran Premio de España de 1987 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto Permanente de Xerez en Jerez de la Frontera, España o 27 de setembro de 1987. A carreira foi a décimo terceira rolda da tempada de Fórmula Un. Foi o 29º Gran Premio de España e a segunda que se celebrou en Xerez. A carreira disputouse sobre 72 voltas no circuíto de catro quilómetros para un distancia da carreira de 304 quilómetros.

A carreira foi gañada polo piloto británico Nigel Mansell pilotando un Williams FW11B. Mansell conseguiu a vitoria por 22 segundos sobre o francés Alain Prost pilotando un McLaren MP4/3. O compañeiro de equipo de Prost o sueco Stefan Johansson terminou terceiro. Foi a quinta vitoria da tempada 1987 de Mansell. Esa vitoria, xunto co cuarto lugar de Nelson Piquet, deu ao equipo Williams F1 o seu terceiro campionato de construtores a falta de tres carreiras para finalizar a tempada. A brecha entre Williams e McLaren era de cincuenta puntos. A vitoria de Mansell, foi o comezo dun ataque final na tempada. Recortou a distancia con Piquet a 18 puntos, pasando a Ayrton Senna no segundo posto da clasificación.

Resumo A carreira gañouna con comodidade Nigel Mansell que pasou ao pole Nelson Piquet ao final da primeira volta. A batalla polo terceiro posto (logo polo segundo) liderouna a maior parte do tempo Ayrton Senna, que do mesmo xeito que o ano anterior tratou de completar a carreira sen ter que cambiar os pneumáticos. Tanto Senna como Lotus eran da opinión de que o sistema computarizado de suspensión activa do 99T contribuiría a conservar os seus pneumáticos durante toda a carreira.

Senna tiña detrás aos dous Ferraris, ao McLaren de Prost e ao Benetton de Thierry Boutsen, ao que posteriormente sumouse Piquet logo dunha lenta parada en boxes. Volta tras volta, Senna mantivo baixo control a todos os interesados. O Lotus-Honda era moi rápido en liña recta cunha configuración de baixa carga aerodinámica, pero era lento a través dos moitos xiros e curvas de Xerez. Os perseguidores de Senna non puideron pasalo na longa recta do Pit e como Xerez ten en xeral unha gran cantidade de po e area no trazado, tampouco podían pasalo nas curvas sen perder agarre.

Con todo, a decisión de Senna de non cambiar pneumáticos non saíu ben, e pronto comezaron a deteriorárselle, e Piquet, Prost e Boutsen pasárono sen dificultade, pouco despois, tanto Piquet como Boutsen cometeron dous erros que terminaron en trompo, deixando o 2º e 3º lugar do podio aos dous McLaren con Prost segundo e Johansson terceiro. O belga de Benetton viuse obrigado a retirarse. Mansell gañou a carreira sen rivais, terminando por diante dos dous McLaren, e os brasileiros Piquet e Senna. En sexto lugar, logrando o último punto, terminou Philippe Alliot de Larrousse.

Clasificación

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 5 Nigel Mansell Williams-Honda 72 1:49:12.692 2 9 2 1 Alain Prost McLaren-TAG 72 + 22.225 7 6 3 2 Stefan Johansson McLaren-TAG 72 + 30.818 11 4 4 6 Nelson Piquet Williams-Honda 72 + 31.450 1 3 5 12 Ayrton Senna Lotus-Honda 72 + 1:13.507 5 2 6 (1) 30 Philippe Alliot Lola-Ford 71 + 1 volta 17 1 7 (2) 4 Philippe Streiff Tyrrell-Ford 71 + 1 volta 15 8 18 Eddie Cheever Arrows-Megatron 70 Sen combustible 13 9 11 Satoru Nakajima Lotus-Honda 70 + 2 voltas 18 10 17 Derek Warwick Arrows-Megatron 70 + 2 voltas 12 11 9 Martin Brundle Zakspeed 70 + 2 voltas 20 12 (3) 16 Ivan Capelli March-Ford 70 + 2 voltas 19 13 7 Riccardo Patrese Brabham-BMW 68 + 4 voltas 9 14 23 Adrián Campos Minardi-Motori Moderni 68 + 4 voltas 24 15 27 Michele Alboreto Ferrari 67 Motor 4 16 20 Thierry Boutsen Benetton-Ford 66 Accidente 8 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 62 Motor 3 Ret 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 55 Colisión 16 Ret 25 René Arnoux Ligier-Megatron 55 Colisión 14 Ret 10 Christian Danner Zakspeed 50 Transmisión 22 Ret 24 Alessandro Nannini Minardi-Motori Moderni 45 Turbo 21 Ret 19 Teo Fabi Benetton-Ford 40 Freos 6 Ret 8 Andrea de Cesaris Brabham-BMW 26 Caixa de cambios 10 Ret 26 Piercarlo Ghinzani Ligier-Megatron 24 Encendido 23 Ret 14 Pascal Fabre AGS-Ford 10 Embrague 25 Ret 32 Nicola Larini Coloni-Ford 8 Suspensión 26 NSC 21 Alex Caffi Osella-Alfa Romeo NSC 21 Franco Forini Osella-Alfa Romeo

Notas Os números entre parénteses refírense ás posicións dos participantes con motores normalmente aspirados que competían polo Jim Clark Trophy.

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Nelson Piquet 70 2 Nigel Mansell 52 3 Ayrton Senna 51 4 Alain Prost 46 5 Stefan Johansson 26

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Honda122 2 McLaren-TAG72 3 Lotus-Honda57 4 Ferrari26 5 Benetton-Ford20

Clasificación Trofeo Jim Clark PosPilotoPuntos 1 Jonathan Palmer 71 2 Philippe Streiff 64 3 Ivan Capelli 38 4 Pascal Fabre 35 5 Philippe Alliot 34

Clasificación Trofeo Colin Chapman Pos Construtor Puntos 1 Tyrrell-Ford135 2 March-Ford38 3 AGS-Ford35 4 Lola-Ford34

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos nos catro grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1987 Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1