Os baños árabes de Xirona son unha obra que se atopa no concello de Xirona, declarados ben cultural de interese nacional. Atópanse nun edificio de estilo románico tardío construído en 1194, imitando a estrutura dos baños musulmáns norte-africanos.

Descrición Os chamados baños árabes son en realidade uns baños públicos de época románica, que seguen os modelos das termas romanas, dos baños musulmáns e das mikwàs xudías, tradición que foi recuperada a partir do século XI con desenvolvemento das cidades. O edificio inspírase na tipoloxía dos baños norte-africanos, mais os seus elementos arquitectónicos son plenamente románicos: arcos de medio punto, voltas de canón, capiteis corintios estilizados ó xeito do século XIII, etc.

É salientable o templete octogonal con oito columnas e estrutura mixta de canón e trompa cónica, así como a lanterna exterior e as alcovas do caldarium. Entre os anos 1980-1985 e 1989-1998 fixéronse diversas obras de restauración e adecuación do edificio.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina dos baños Páxina con información

Categoría:Xirona Xirona Categoría:Hidroterapia Categoría:Arquitectura románica