O Partido Comunista de Galicia-Marxista Revolucionario (PCG-MR, a partir de 1987 Partido dos Traballadores de Galicia-Unidade Comunista) era a federación galega do Partido Comunista de España (Marxista-Revolucionario).
Historia e características O PCG-MR fundouse en 1985 a causa dunha escisión no Partido Comunista de España (PCE), liderada polo antigo líder deste partido Santiago Carrillo. En Galiza o sector carrillista estaba liderado por Julio Pérez de la Fuente, que foi escollido coma secretario xeral do novo partido Gerardo Iglesias confía en una recuperación del voto comunista. El País, 9 de novembro de 1985.. Nas eleccións galegas de 1985 o partido obtivo 8.318 votos (0,66%), sen conseguir representación institucional (nas anteriores eleccións, o PCG obtivera 32.623 votos e un escano; na de 1985, nin o PCG-MR nin o PCG, que apenas sacou 10.625 votos, conseguiron representación algunha).
No seguinte proceso electoral, as eleccións xerais de 1986, o PCG-MR non se presentou con ese nome, senón co de Mesa para a Unidadu dos Comunistas, que obtivo resultados levemente mellores, 12.072 votos (0,94%).
Nas eleccións municipais de 1987 o partido conseguiu os seus únicos representantes institucionais, 8 concelleiros, dos cales 5 foron escollidos en Mugardos. Tamén neste vila tivo o PCG-MR o seu único alcalde.
Despois de varios novos fracasos electorais e a desaparición da URSS, o partido disolveuse e integrouse no PSdeGEl partido de Carrillo celebra su último congreso antes de integrarse hoy en el PSOE. El País, 27 de outubro de 1991..
Véxase tamén Santiago Carrillo Partido Comunista de Galicia Eurocomunismo
Referencias
Categoría:Partidos políticos desaparecidos de Galicia Categoría:Partidos comunistas