José Fernández Bermúdez, nado en Rois cara a 1892 e finado en Ribeira o 6 de febreiro de 1961, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
Instalado en Ribeira, era propietario dun almacén de sal. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro e posteriormente primeiro tenente de alcalde. En 1933 foi elixido alcalde de Ribeira, permanecendo no cargo até 1936. Foi nomeado membro da xestora da Deputación da Coruña en decembro de 1935.El Pueblo Gallego, 28-12-1935, p. 11. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi deposto como alcalde, detido polo capitán Saavedra e trasladado a Boisaca, onde estivo unha semana. O apoio das súas amizades permitiulle lograr un permiso que aproveitou para marchar a Portugal onde permaneceu durante un ano, ata que as autoridades franquistas decretaron unha amnistía para os republicanos sen delitos de sangue. Inculpado na Causa militar instruída en Santiago de Compostela por rebelión que finalmente foi sobresida. Marchou ao exilio. Sufriu expediente de responsabiliadades políticas.BOE, 5-1-1941, p. 82. Retornou a Ribeira, onde seguiu cos seus negocios nos anos cincuenta. Finou en Ribeira o 6 de febreiro de 1961.Necrolóxica en La Noche, 6-2-1961, p. 2 Vida persoal Casou con Juana Sampedro Vidal e foi pai de Juana, José, Cándido, María Luz, María Teresa e Ángel Fernández Sampedro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Alcaldes de Ribeira Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República
Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en Rois Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1961