Buscando Ardebullo foi un programa de televisión da TVG, que se emitiu entre o 23 de febreiro até o 26 de abril de 2016. Trátase dun programa de viaxes, en clave de humor, presentado por Marcos Pereiro, Xosé Antonio Touriñán e Manolo Pereiro (o pai de Marcos), no que percorren distintas localidades de Galicia amosando as súas características e a súa xente.

Episodios "A Illa de Arousa" (23 de febreiro de 2016) "Parga" (1 de marzo de 2016)  "Sarreaus" (8 de marzo de 2016) "O Ézaro" (15 de marzo de 2016) "Santaballa" (22 de marzo de 2016) "Albá" (29 de marzo de 2016) "Vilatuxe" (5 de abril de 2016) "As Encrobas" (12 de abril de 2016) "A Arnoia" (19 de abril de 2016) "O Couto" (26 de abril de 2016)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do programa Páxina do programa no web da CRTVG

Categoría:Programas de entretemento da TVG