Manuel Francisco Cendón Caíña é un político galego, exalcalde de Beariz.

Traxectoria Foi nomeado recadador de cédulas de Beariz en 1941La Región, 2-2-1941, p. 1.. Accedeu á alcaldía de Beariz tras as primeiras eleccións democráticas, encabezando a candidatura de Coalición Democrática. Nesa lexislatura acadou cinco concelleiros, fronte aos catro de UCD.

Foi xulgado en 1990 con Laureano Caride Romero e Cándido Cabanelas Barros acusados de falsificación de documento público, para facilitar a afiliación ao réxime xeral agrario da Seguridade Social de vecinos de Beariz."Dos ex-alcaldes de Beariz y el de Boborás ocupan hoy el banquillo de los acusados", La Voz de Galicia, Ourense, 22-5-1990, p. 28.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Beariz

Categoría:Alcaldes de Beariz Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido