James Dewar nado o 20 de setembro de 1842 en Kincardine-on-Forth (Escocia) e finado o 27 de marzo de 1923) en Londres, foi un físico e químico escocés.

Traxectoria Foi o máis novo de seis irmáns e quedou orfo de pai e nai aos 15 anos. Naceu en Kincardine-on-Forth e foi educado en Dollar Academy e na Universidade de Edimburgo, onde se graduó. Posteriormente converteríase en profesor na Universidade de Cambridge en 1875, facéndose membro da Royal Institution en 1877. Desenvolveu a fórmula química do benceno e realizou un extenso traballo no campo da espectroscopia durante máis de 25 anos. En 1891 descubriu o proceso para producir osíxeno líquido en cantidades industriais. Inventou un depósito illante, o vaso Dewar, para estudar os gases a baixas temperaturas. Usou este invento para transportar gases líquidos, como hidróxeno, en 1898. Tamén foi o primeiro en obter hidróxeno sólido En 1905 observou que o carbón frío podía producir baleiro. Esta técnica foi moi útil para a experimentación na física atómica.

Xunto con Sir Frederick Augustus Abel desenvolveu explosivos sen fume, cuxo nome común é cordita. Ligazóns externas Meiklejohn, William, "Tulliallan: Four lads o’ pairts: Sir James Dewar (1842-1923)". Kincardine Local History Group. (en inglés) "Sir James Dewar (1842–1923)". British Broadcasting Corporation, Broadcasting House, Portland Place, Londres. bbc.co.uk. 2004. (en inglés) Bellis, Mary, "Inventors Sir James Dewar ". about.com. (en inglés)

Categoría:Nados en 1842 Categoría:Finados en 1923 Categoría:Alumnos da Universidade de Edimburgo Categoría:Químicos de Escocia Categoría:Físicos de Escocia Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Medalla Copley Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Profesores da Universidade de Cambridge