Telesur é unha cadea de televisión multiestatal con sede central en Caracas (Venezuela) que transmite en sinal libre e sen custo, operada por La Nueva Televisión del Sur C.A., unha compañía pública que é financiada polos gobernos de Bolivia, Cuba, Ecuador, Nicaragua, Uruguai e Venezuela. Iniciou as súas emisións o 1 de xullo de 2005.
Programación A programación de Telesur, comezou combinando contidos informativos con programas educativos, culturais, de debate, entretemento e cine latinoamericano. A partir de 2009 a canle orientouse maioritariamente á información, quedando a programación case reducida a informativos, programas de análises e boletíns deportivos.
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de TeleSUR
Categoría:Cadeas de televisión de Venezuela