A diocese de Ungheni e Nisporeni é unha sé da Igrexa ortodoxa rusa parte da metrópole de Chișinău e toda Moldova.

Territorio A eparquía ten xurisdición sobre os distritos de Ungheni, Nisporeni, Călărași e Hîncești, en Moldova. A sé episcopal está na cidade de Ungheni. O territorio está dividido en 145 parroquias. Historia Foi estabelecida por decisión do Sínodo da Igrexa ortodoxa rusa o 6 de outubro de 2006, en territorio da diocese de Chișinău.

Episcopoloxio Petru Musteață (6 de outubro de 2006 - 21 de agosto de 2007, suspensión de poderes, provisional dende o 27 de marzo) Vladimir Cantarean (27 de marzo de 2007 - 24 de decembro de 2010, como metropolita de Chișinău) Petru Musteață (24 de decembro de 2010 - actualidade)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil na páxina web da Igrexa Ortodoxa Rusa

Categoría:Divisións territoriais ortodoxas en Moldova Categoría:Divisións territoriais da Igrexa ortodoxa rusa Categoría:Eparquías ortodoxas