Aurelio Rey Alar, nado en Baiona o 11 de maio de 1904 finado no mesmo concello o 8 de agosto de 1993, foi un fotógrafo e político galego.

Traxectoria Pasou a infancia en Sabarís, foi alumno da Escola Pro-Val de Mañufe e despois trasladouse coa súa familia a Vigo. Regresou a Baiona e, cara 1926, instalouse como fotógrafo nun local da rúa de Elduayen. Despois abriu unha ferretería na rúa Alférez Barreiro onde continuou coa fotografía, editando postais panorámicas da vila. Foi alcalde de Baiona de 1949 a 1951 e posteriormente concelleiro. Continuou coa ferretería, ata a súa xubilación.

Véxase tamén Bibliografía Rey Lama, Luis Alberto (2022). "VIII Las fotografías de Rey Alar" pp. 337-450. Encuentros . Ligazóns externas "Baiona, en el objetivo de Aurelio Rey Alar" (8/5/2011). Faro de Vigo.

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Alcaldes de Baiona Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes