Terra Chá é un poemario de Manuel María, quizais o máis coñecido do autor. Publicouse por primeira vez no ano 1954, na Editorial Celta, en Lugo. Na primeira edición estaba formado por 55 poemas aos que se lle foron engadindo outros nas sucesivas edicións. O tema que dá unidade ao libro é a evocación da súa terra natal, a comarca da Terra Chá: Como di o profesor Anxo Tarrío Varela, Manuel María imprime "un cambio de rumbo cara a unha poética menos complexa, dende o punto de vista conceptual, cá que se decanta dos seus primeiros poemarios (...) aínda que máis transparente e emotiva, inmediatamente comunicadora"
O poemario comeza cunha dedicatoria a súa nai, á súa muller Saleta e aos seus irmáns Xosé e Antón.
Estrutura O libro está estruturado en once seccións: miniatura|dereita|Penas de Rodas, un símbolo da Terra Chá. Soleira Terra Chá Romaxes A xente A terra e o labradío Prados Os animás O tempo As arbres Os paxaros As cousas
O poemario ten unha estrutura fechada: a "Soleira" ou limiar da obra inclúe, dende a segunda edición, un longo poema titulado "Canto á Terra Cha" que o poeta asina dende a pequena distancia, en Monforte de Lemos, en agosto de 1964. Este longo canto á terra amada e da que sente saudade "agora estou lonxe. E teño saudade/ dos camiños anchos como estradas" ten o seu colofón no derradeiro poema do libro, "Pranto pola Terra Cha":
Os dous poemas engadidos na segunda edición representan a evolución que a poética de Manuel María terá, dun lirismo intimista e subxectivo ata unha poesía de carácter social-realista. Ou ben as dúas correntes conviven desde sempre, porque a súa vontade foi incluír os seus recordos e arelas neste marco de poesía social: ámbolos dous poemas (o primeiro só incipiente) están a denunciar o proceso de colonización que se iniciara na década de 1950, baixo o réxime franquista, co Instituto Nacional de Colonización, tentando modernizar a terra e introducindo tractores que prepararían os montes comunais e particulares como zonas agrarias, dentro da política autárquica da ditadura. A maioría dos colonos procedían de terras asturianas afectadas pola construción dos encoros do río Navia. miniatura|A máquina de escribir que se conserva na Casa Museo Manuel María. Nunha homenaxe colectiva que Citania de Publicacións sacou co gallo de cumprírense os 40 anos da publicación de Terra Chá e no 65 aniversario do seu autor, este explica en "Como naceu o Terra Chá" o xerme do libro:
Nesta reflexión sobre a súa obra o poeta lembra a fonda impresión que lle causara a lectura da poesía de Antonio Noriega Varela, así como o sentimento que esa poesía fixo agromar nel: a emoción da paisaxe, do contorno vital e da paisanaxe. En palabras do chairego, "encendeuse dentro de min algo así como unha luz máxica. E, nunha especie de revelación, ollei mentalmente o libro como un poema unitario"; en poucos días o libro estaba rematado. En Lugo pediulle un prologo a Ánxel Fole que será asinado en outono do 1953: "De par dun poeta". Outra fonte de inspiración importante é a do poeta Aquilino Iglesia Alvariño, a quen cita no discurso de entrada na Real Academia Galega:"Non podemos escribir o nome de Aquilino Iglesia Alvariño sen emoción. Foi o noso mestre e xeneroso amigo o mesmo que Xosé María Díaz Castro. Para nós Aquilino é o gran cantor e intérprete das paisaxes chairegas que tan emocionadamente contemplou dende o seu Seivane natal, nas brañas de Abadín dende as que se divisa toda a Terra Chá".A segunda parte do poemario, "Terra Cha", está formada por 23 poemas nos que a temática é fundamentalmente a natureza e costumes do contorno máis próximo ao poeta: terra, montes, ríos, feiras, cruceiros, Vilalba,...; neles é frecuente atopar a apóstrofe e a prosopopea como nestes versos ao regato do Cepelo:"Nunca tiveche unha arelade tan humilde e sinxelo:-meu regato do Cepelo,das Regas ou da Barciela!"(páx. 97)A terceira parte está formada por dez poemas adicados a dez coñecidas romaxes da chaira: a Virxe do Monte en Sistallo (Cospeito), o San Alberte de Parga, o San Ramón de Vilalba... todas elas romarías de sona entre a xente da contorna. A esta xente adica a a cuarta parte con once poemas nos que se detén tanto no "labrego" como nos artistas e poetas da zona (Xosé María Chao Ledo, Iglesia Alvariño, Díaz Castro, Miguel Anxo Fernán-Vello...) En "A terra e o labradío" hai once poemas adicados a cantar o mundo da agricultura no que se desenvolven os seus parroquiáns (Millo, Patacas, Centeo, O arado); Aquí aparece o famoso poema "O carro" que musicou Fuxan os Ventos. Na sección "Paxaros" está o poema "O cuco", ´musicado por Suso Vaamonde.
Edicións A primeira edición incluía 55 poemas, e apareceu da man de Editorial Celta en 1954, con limiar de Ánxel Fole. En 1967 apareceu a segunda edición, do Círculo de las Artes de Lugo, xa con 91 poemas. De 1972 é a terceira edición, de Editorial Celta, con portada de Luís Seoane e ilustracións de Isaac Díaz Pardo, con 100 poemas. Tamén Celta sacou a cuarta edición en 1980, con 105 poemas.
En 1989 apareceu unha edición crítica a cargo de Xosé María Dobarro, publicada por Edicións Xerais mais sen o prólogo de Ánxel Fole. En 2001 Produccións Culturais Artesa sacou a sexta edición, con limiar do propio autor e ilustracións e gravados de Felipe Criado, con 114 poemas.
En 2001 Espiral Maior incluíu a obra no primeiro volume da Obra poética completa do autor (1950-1979). En 2002 La Voz de Galicia editou Terra Chá na Biblioteca galega 120, e en 2005 foi editada pola Irmandade dos Vinhos Galegos. No ano 2015 saíu a décima edición da man da Casa-Museo Manuel María.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Manuel María (1989): Terra Chá''. Edicións Xerais de Galicia. Edición e estudo crítico de Xosé María Dobarro. ISBN 978-84-7507-410-8
Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Obras literarias de 1954 Categoría:Manuel María