O Ateneo de Pontevedra é unha asociación cultural, referente na cidade de Pontevedra e as súas actividades están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas polo desenvolvemento humano, social e cultural do seu tempo"El Ateneo que democratizó Pontevedra" Faro de Vigo . .
Traxectoria O Ateneo tivo como data de constitución da comisión xestora o 25 de outubro de 1965 e, a 18 de novembro de 1966 elixiuse a súa primeira xunta directiva, encabezada por Alfonso Zulueta de Haz. Formaron parte nela un total de vinte un membros, os cales formaron unha xunta democrática, a cal pasou por unha ampla diversidade ideolóxica: dende a fidelidade incuestionábel ao Réxime ata a simpatía polo marxismo, pasando pola democracia cristiá.
Primeiros anos A maior parte dos seus socios formaban parte do Cineclube de Pontevedra, que nacera dez anos antes. O seu prestixio foi enorme e o seu local seguiu sendo un punto de encontro acolledor para os seus socios, de feito, foi Pío Cabanillas Gallas (subsecretario de Información e Turismo) quen presidiu a súa inauguración.
Décadas dende os 70 ata a actualidade O Ateneo foi dirixido por Juan Vidal Fraga, grande experto no xadrez, que durante doce anos dirixiu a entidade case sen actividade ata que entregou a presidencia ao doutor Jesús Díaz Bustelo, en 1982. Este relevo foi chave no relanzamento, pois achegou case 200 000 pesetas.
Atopamos daquela, un Ateneo máis minoritario, o que hoxe subsiste con entusiasmo. Publicou o Catálogo da exposición bibliográfica Miguel Hernández, ordenada e preparada por Antonio Odriozola, de doce páxinas de extensión. A asociación colabora tamén coa Editorial Galaxia.
Grupo fundador Máis dun terzo deste grupo inicial eran catedráticos dos dous institutos (masculino e feminino) que había na cidade: José Ramón Alonso Rubiera, Pablo Carpintero Orgnero, José Filgueira Valverde, Marcelino Jiménez Jiménez, Isidoro Millán Gonzáles-Pardo, Esteban Rodríguez Salazar, Federico Cifuentes Pérez, Manuel Sänchez Méndez e Gonzalo Torrente Ballester, o cal foi o redactor do manifesto de presentación ante a cidadanía e non parou de incentivar a súa actividade ata a súa marcha aos Estados Unidos de América poucos meses despois.
Tamén integraba aos avogados Gonzalo Adrio Barreiro e Manuel Suárez Santiso; os médicos Juan José Barbolla Abión e Bernardo Salom de la Hoz; o notario Alfonso Zulueta de Haz; o arquitecto Alfonso Barreiro Buján; os artistas e funcionarios estaban Manuel Cuña Novás, Luciano del Río Besada, Agustín Portela Paz, Antonio Odriozola Prietas e Juan Manuel Lazcano i Castedo, xunto a Eduardo López Merino, delegado provincial de Información e Turismo.
Presidentes Alfonso Zulueta de Haz, foi escollido o primeiro presidente da directiva no ano da súa fundación, 1966. Era e é un notario intelectual galego, que tamén foi presidente do Consello da Cultura Galega de 2002 a 2006. Antonio Alonso Juan Vidal, Ostentou o cargo de presidente durante as décadas dos setenta e oitenta. Foi, ademais dun avogado respectado, un político destacado e moi comprometido con Galiza e a súa xente. Foi candidato ao Senado no ano 1977, pertenceu ao Partido Popular Gallego-Partido Gallego Socialdemócrata, ao CDS e presentouse á alcaldía de Pontevedra por "Os Verdes". Colaborou ademais con El Correo Gallego e El Diario de Pontevedra. Experto no xadrezBiografía de Juan Vidal jorgecubela.blogspot.com . miniatura|Xaime Toxo. Jesús Díaz Bustelo Carlos Osorio, se recorda por Unha vida en amarelo, unha exposición de fotografía que se celebrou o 28 de abril de 2009, organizado polo Arquivo Provincial e pola Deputación de Pontevedra. Antón Louro, político galego do PSdeG-PSOE. Licenciado en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de instituto ata a súa dedicación en exclusive á política. Na actualidade é, ademais, tenente de alcalde e concelleiro de urbanismo no Concello de Pontevedra. Carlota Román García, xunto con Antón Louro, é concelleira de Promoción Económica, Turismo, Feiras e Mercados no PSdeG-PSOE. Licenciada en filoloxía inglesa, diplomada en filoloxía francesa foi directora de varios centros de ensino secundario. Xaime Toxo, presidente do Ateneo ademais de mestre especialista en atención escolar a alumnos con cegueira e discapacidade visual. Foi accésit no premio Modesto R. Figueiredo no 2002, obtivo o primeiro premio do certame de relatos do concello de Paradela tamén en 2002.
Homenaxes: Memorial Sesmero O Ateneo e o Concello de Pontevedra acordaron colaborar para homenaxear con periodicidade anual ou bianual, a unha figura da arquitectura, urbanismo ou as belas artes, que teña contribuído decisivamente ao prestixio ou ao desenvolvemento da cidadeO Ateneo de Pontevedra e o Concello homenaxearán anualmente a unha figura do urbanismo ou as artes.
A idea, dirixida por Antón Louro, é dar continuidade ao legado de Alejandro Rodríguez-Sesmero nas persoas (vivas ou falecidas) que despois del teñen contribuído tamén a prol dunha Pontevedra mellor; un proxecto conxunto que busca evitar a indiferenza ou o esquecemento para aqueles que, como Sesmero, merecen o coñecemento e recoñecemento público.
O Memorial será sempre no mes de outubro e comezou en 2014. O programa incluirá conferencias, exposicións e visitas sobre a obra dunha persoa relevante e que teña actuado tanto en Pontevedra como no exterior e se teña configurado como un referente nos eidos do urbanismo, a arquitectura e o paisaxismo, incluíndo tamén todo o espectro das belas artes.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Discurso del profesor Xesús Alonso Montero Con motivo de su investidura como Doctor Honoris Causa en Filología por la UNED .
Categoría:Asociacións culturais de Galicia Categoría:Cultura en Pontevedra