Vida e morte é o primeiro álbum de estudio do cantante e compositor español Amancio Prada. Foi publicado en 1974, baixo o selo Disques Alvarès.

O disco gravouse nos estudios Sofreson (París) en novembro de 1973. No álbum, Amancio musica poemas de distintos autores, tanto en galego (Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana) como en castelán (Nicolás Guillén, Miguel Hernández, Luis López Álvarez), así como poemas propios (os temas "Labregos" e "Canción de amor Nº 2").

Lista de cancións

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do álbum na páxina oficial de Amancio Prada Datos do álbum en discogs.com

Categoría:Álbums musicais de 1974 Categoría:Álbums de Amancio Prada