miniatura|Vista que mostra o característico dorso rosa. miniatura|Ovos de Pelecanus rufescens

O pelicano rosado (Pelecanus rufescens) é unha especie de aves do xénero dos pelicanos. Vive e reprodúcese nos pantanos e lagos de pouco fondo de África, sur da península Arábiga, sur da India e parece que desapareceu de Madagascar.

Descrición É un pelicano relativamente pequeno, pero aínda así unha ave grande. A súa lonxitude vai de 125 a 155 cm, a envergadura de ás está entre 2,15 e 2,9 m e a masa corporal é de 4 a 7 kg. O peteiro mide de 30 a 38 cm de lonxitude. (2011). (2011). A súa plumaxe é gris e branca, con tons rosas nas costas ocasionalmente aparentes, que nunca son dun rosa tan forte coma nos flamengos, pero que lle valeron o nome que ten nalgúns idiomas de pelicano rosado ou de costas rosadas e tamén o seu nome científico (rufescens). A parte superior do peteiro é amarelo e a bolsa é xeralmente agrisada. Os adultos reprodutores teñen penachos de plumas longas na cabeza.

Comparte o seu hábitat co pelicano branco, que é xeralmente máis grande e ten plumaxe branca en vez de gris.

Hábitat e reprodución O pelicano rosado vive en diversos hábitats acuáticos, mais prefire as augas remansadas e pouco fondas, evitando as ribeiras costentas, ou con moita vexetación. Prefire lagos de augas doces, pantanos, ríos grandes de correntes calmas, e pozas estacionais, pero tamén frecuenta encoros, terras asolagadas estacionalmente e chairas asolagadas nas desembocaduras de ríos. Pode aparecer en lagos e lagoas alcalinos e salinos, e ás veces ao longo da costa en baías e estuarios (pero é raro en costas abertas). A especie tende a descansar e reproducirse nas árbores (por exemplo mangleiros), pero tamén en illas areentas, acantilados, arrecifes de coral e dunas.

As árbores usadas para a nidificación conteñen moitos niños construídos próximos. Estes niños son reutilizados todos os anos ata que as árbores caen, aínda que, malia todo, as aves permanecen na área. A especie aniña colonialmente en árbores, xunqueiras ou arbustos baixos ao longo das ribeiras e tamén con menos frecuencia en illas areentas e en mangleirais.

O niño é unha gran morea de poliñas e pode ter unha altura de 10 a 50 m desde o chan. A femia pon dous ou tres ovos brancos grandes. As crías aliméntanse metendo a cabeza dentro da bolsa do adulto para coller comida regurxitada parcialmente dixerida.

Dieta O alimento é xeralmente peixe (de peso de ata 450 g, xeralmente entre 80 e 290 g) e anfibios, e obtéñenos xeralmente pescando en grupos. Entre os peixes que depredan están cíclidos como Haplochromis e Tilapia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Pink-backed Pelican Pelecanus rufescens en BirdLife International Pinkbacked Pelican en The Atlas of Southern African Birds

Categoría:Pelecaniformes Categoría:Animais descritos en 1789