Spała é unha aldea no distrito administrativo de Gmina Inowłódz, dentro do Condado de Tomaszów Mazowiecki, na Polonia central. Situada ás beiras do Río Pilica, aproximadamente 6 quilómetros ao oeste de Inowłódz, 9 km km ao leste de Tomaszów Mazowiecki, e 54 km do sueste da capital rexional Łódź. A aldea ten unha poboación de 400 habitantes.
Historia Orixes As orixes de Spała remóntanse a finais do século XVI. A poboación da aldea adicouse principalmente á explotación dos recursos forestais, empregando a madeira obtida da talla das árbores para producir carbón e alcatrán que se empregaba para a fundición de ferro na achegada fábrica de Tomaszów Maz.
Residencia dos tsares miniatura|dereita|O desaparecido Palacio de madeira que mandou edificar Alexandre III de Rusia. A importancia do asentamento aumentou no século XIX cando os tsar de Rusia Alexandre III mandou construír unha residencia de caza na aldea. En 1885 edificouse un palacio de madeira que serviría de aloxamento aos tsares nas súas visitas a Spala ata a 1912. En 1912 a familia de Nicolao II estaba pasando uns días no palacio de madeira, cando o tsarévich Alexei sufriu un ataque de hemofilia que case lle custa a vida. Este suceso provocou que a tsarina Alexandra Feodorovna se negase a volver ao palacio de Spała.
Guerras Mundiais Durante a primeira guerra mundial Spała situábase dentro da zona de ocupación alemá, servindo como base de operacións militares ata a retirada das tropas alemás en 1918.
No período de entreguerras e, acadada a independencia de Polonia, Spała viviu uns anos de prosperidade como centro de caza ao que acudían toda clase de autoridades civís, recibindo en varias ocasións a visita do Presidente Ignacy Moscicki. En 1935 celebrouse o rally dos Boy Scouts para conmemorar o seu 35 aniversario.
Co estoupido da segunda guerra mundial e a ocupación de Polonia por parte do exército do Terceiro Reich, estableceuse en Spała o Alto Mando Militar alemán.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web
Categoría:Localidades de Polonia