A santónicaNome vulgar galego en Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009.O dicionario da Real Academia da Lingua porén recomenda a forma en masculino: santónico. (Artemisia cina) é unha especie arbustiva pertencente á familia Asteraceae, recendente e amarga, de talo ergueito, follas alternas e abrancazadas e flores ovoides en cabezolo, da cal se extrae a santonina, unha substancia vermífugaDiccionario Cumio da lingua galega Vigo, Edicións do Cumio, 1999.

Descrición É un arbusto con cheiro aromático de 40–60 cm, ten os talos ergueitos cotonosos e leñosos na súa base. As follas son pequenas, con pecíolos curtos nas follas basais e sésiles nas follas superiores, son espatuladas coas puntas arredondadas. Florea en xullo-agosto, as flores tubulares son amarelentas e agrúpanse en panículas de 3 a 5 flores miúdas.

Distribución e hábitat Planta orixinaria da Asia central, preferentemente das estepas salobres de Turquestán.

Propiedades Antihelmíntico, os capítulos florais son útiles no tratamento de cocas lombrigas e nematodos. Antifúnxica, aínda que pode presentar toxicidade con bocalladas, vómitos e foiras ou diarreas.

Taxonomía Artemisia cina foi descrita por O.Berg & C.F.Schmidt ex Poljakov e publicado en Darstellung und Beschreibung samtlicher in der Pharmacopoea borussica aufgefuhrten offizinellen Gewachse 4: , pl. 29. 1863. Etimoloxía

Hai dúas teorías na etimoloxía de Artemisia: segundo a primeira, debe o seu nome a Artemisa, irmá xemelga de Apolo e deusa grega da caza e das virtudes curativas, especialmente da gravidez e os partos. Segundo a segunda teoría, o xénero foi outorgado en honra a Artemisia II, irmá e dona de Mausolo, rei da Caria, 353-352 a. C., que reinou despois da morte do soberano. Na súa homenaxe erixiuse o Mausoleo de Halicarnaso, unha das antigas sete marabillas do mundo. Era experta en botánica e medicina.

cina: epíteto latino que significa "cinsa".En Epítetos Botánicos Sinonimia Seriphidium cinum (Berg & C.F. Schmidt ex Poljakov) Poljakov Artemisia salina Willd. Artemisia maritima subsp. salina (Willd.) Nyman Artemisia laricifolia S.G.Gmel. Artemisia humilis M.Bieb. Artemisia cyna Pall. Seriphidium maritimum (L.) Poljakov Artemisia seriphium Wallr.Sinónimos en Tela Botánica

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Planta medicinal Fitoterapia Características das asteráceas Bibliografía Li, H., T. Liu, T. Huang, T. Koyama & C. E. DeVol. 1979. Vascular Plants. Volume 6: 665 pp. In Fl. Taiwan. Epoch Publishing Co., Ltd., Taipei. Flora of China Editorial Committee. 2011. Fl. China 20–21: 1–992. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis. Ligazóns externas Heilkräuter-Seiten Beschreibung des homöopathisches Arzneimittel Cina maritima (en inglés) Homöopathisches Arzneimittel Cina

Categoría:Artemisia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1863