A bandeira da Lombardía é a bandeira que se emprega nas oficinas públicas da rexión italiana da Lombardía e nas manifestacións, malia que non ten carácter de oficialidade. Representa o escudo de armas, que foi adoptado xunto coa bandeira trala aprobación da Lei Rexional nº 85, do 12 de xuño de 1975, a proposta do daquela Ministro de Cultura Alessandro Fontana. A rexión da Lombardía regula o seu emprego.
Foi deseñada tamén en 1975 por Pino Tovaglia, Bob Noorda, Roberto Sambonet e Bruno Munari, e representa unha rosa camuna estilizada. A rosa camuna é un antigo símbolo solar que se atopa en 94 dos preto de 140 000 petróglifos do conxunto ruprestre do Val Camonica, na provincia de Brescia.
A rosa da bandeira é de cor branca e simboliza a luz. O fondo é verde e representa a chaira padana.
Notas
Categoría:Lombardía Categoría:Bandeiras de Italia Categoría:Bandeiras introducidas en 1975 Categoría:Bandeiras introducidas en 2019