"Heartbeat" é unha canción do cantante letón Justs Sirmais. A canción representará a Letonia no Festival de Eurovisión 2016, foi escrita por Aminata, cantante que representou a Letonia no Festival de Eurovisión 2015. A canción foi lanzada o 3 de febreiro de 2016 co selo Aminata Music.
Festival de Eurovisión O 31 de xaneiro de 2016, Sirmais foi anunciado como un dos vinte cantantes que participarían no Supernova, coa canción "Heartbeat". Na primeira proba o 7 de febreiro, Sirmais avanzou á semi-final co 40% do televoto. Após pasar a semi-final o 21 de febreiro, gañou a final o 28 de febreiro con 20,725 votos. El representará a Letonia no certame europeo, actuando na primeira metade da segunda semi-final.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Cancións de Letonia en Eurovisión