Soncino é unha localidade e comuna italiana da provincia de Cremona, na rexión da Lombardía, con 7.641 habitantes.

Situación Soncino está situado no val do Po, no centro da Lombardía, na fronteira entre as provincias de Cremona, Brescia e Bérgamo. Situada ás beiras do río Oglio.

Historia miniatura|esquerda|Castelo de Soncino. As orixes de Soncino non son claras. Algúns sitios arqueolóxicos esporádicos (puntas de frecha, un tesouro de bronce e cobre), só poden supoñer que o lugar foi un sitio de paso das poboacións prehistóricas a través deste territorio.

A chegada dos celtas (Séculos V - III a.C.) coincide, probablemente co nacemento dunha zona fronteiriza. Inicialmente entre os celtas e os etruscos.

Da época do Imperio romano recuperáronse algúns pedazos de ladrillo. Os anos finais do Imperio, coa chegada dos pobos xermánicos, considérase como o momento histórico da fundación de Soncino. Coas invasións dos húngaros no século X o norte de Italia viviu un período de fortificación, que tamén afectou a cidade, comezando a elevarse os primeiros muros do que sería o Castelo de Soncino.

Durante o século XV a cidade viuse afectada pola guerra entre a República de Venecia e o Ducado de Milán, que rematou con Soncino baixo dominio milanés. Neste momento o duque Francisco I Sforza ordena a construción da fortificación.

En 1536 o Ducado de Milán pasa a estar baixo dominio dos españois, comezando así a decadencia da cidade. O emperador Carlos V deixa a cidade en mans da familia Stampa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web

Categoría:Concellos da provincia de Cremona