Agaricus excellens é un raro fungo do xénero Agaricus. É unha especie nativa de Europa.

Descrición esquerda|miniatura|Unha foto da especie A. excellens. Píleo: é de cor amarela esbrancuxado. Ten de 10 a 15 cm de diámetro, é convexo e un pouco aplanado, con coloración lixeiramente amarelada no centro, sobre todo ao envellecer, está densamente cuberto de pequenas escamas fibrosas da mesma cor.

Estipe: o talo é de 100-140 x 20-35 mm, de cor branca; o anel é groso e branco. A parte inferior é escamenta ou fibrilar.

As Láminas son de cor rosa clara.

Esporas e características microscópicas: ten esporas de cor negra violácea, de forma elíptica, que miden de 9-12 x 5-7μ.

Carne e cheiro: a carne do sombreiro (píleo) é de cor branca-avermellada. Ten un sabor doce, e cheira un pouco a anís e améndoas.

Hábitat Normalmente atópase nos bosques de coníferas e caducifolios, crece durante o outono e no verán entre a herba de bosques abertos, especialmente de abetos. Atópase tipicamente en altitudes de entre 0 a 914 metros.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Agaricus