William Child, nado en Bristol en 1606 e finado o 23 de marzo de 1697, foi un compositor e organista inglés do Barroco.
Child foi corista na catedral de San Paulo, en Londres, baixo a dirección de Elway BevinJohnson, Keith. Biografía de William Child. En www.allmusic.com. En 1630 empezou unha colaboración que mantería de por vida coa capela de San Xurxo, no castelo de Windsor, onde inicialmente foi un empregado segrar e, a partir de 1632, mestre dos coristas, ata a disolución da capela en 1643. Despois da restauración de Carlos II en 1660, Child renovou a súa vinculación coa capela de San Xurxo e chegou a ser mestre da King's Wind Music e cabaleiro da Capela Real.
A súa produción de música eclesiástica é moi considerableCatálogo das composicións de William Child. En www.allmusic.com: abrangue un conxunto de salmos (1639), moitos himnos e 17 pezas litúrxicas. Amosa numerosas influencias do gusto italiano do seu tempo, aínda que tamén escribiu himnos ao xeito máis convencional inglés
Hoxe consérvase pouca música profana de Child, maiormente, uns poucos canons e pezas instrumentais.
Véxase tamén
Bibliografía Baker's Biographical Dictionary of Musicians, Centennial Edition. Nicolas Slonimsky, Editor Emeritus. Schirmer, 2001.
Ligazóns externas Partituras de William Child no International Music Score Library Project. Partituras de William Child na Biblioteca Coral de Dominio Público.
Categoría:Nados en 1606 Categoría:Finados en 1697 Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Compositores de música clásica