miniatura|Metrominuto de Monforte de Lemos.

O metrominuto é un plano peonil estética dun tradicional plano de metro, que marca as distintas rutas que se poden realizar a pé nunha determinada poboación. A idea naceu na cidade de Pontevedra, dentro do seu Proxecto de Mobilidade, que recibiu o premio europeo da mobilidade Intermodes por consideralo o primeiro mapa de transporte pedestre de Europa.

No deseño do Metrominto hai que trazar as rutas con segmentos e establecer o tempo que se tarda en percorrelas, tomando como referencia un lugar da cidade, que será considerado como punto 0, do que parten os diferentes recorridos. Para calcular o tempo o tempo que se tarda en cubrir as distancias tómase unha velocidade de referencia de entre 4 e 5 km/h. A finalidade perseguida no deseño de cada unha das rutas permitirá clasificalas segundo a súa dificultade en saudables, turísticas etc.

A importancia do Metrominuto estriba en que ao crear un plano que permite moverse por unha cidade a pé, sen necesidade de usar outro medio de transporte, elevando á categoría de transporte urbano o feito de ir camiñando dende un punto da poboación ata calquera outro. O propósito é que o Metrominuto repercuta non só no mantemento, conservación e mellora das zonas peonís que existen, senón tamén no deseño de novos espazos nas cidades.

Características Indica a situación dos principais elementos de mobilidade (estacións, aparcadoiros gratuítos e os principais de pago) ademais de sendas e paseos fluviais. Metrominuto resulta tamén unha chiscadela ás fórmulas gráficas dos planos dos transportes de viaxeiros, unha estética que en liñas e cromatismos forma parte da iconografía urbana contemporánea.

Véxase tamén Ligazóns externas Metrominuto de Pontevedra http://tipsderuta.blogspot.com.es/ http://www.comune.modena.it/aree-tematiche/trasporti-viabilita-mobilita-e-sosta/mobilita-pedonale/metrominuto https://web.archive.org/web/20160610083937/http://urbancenter.eu/tag/metrominuto/ http://www.midimobilites.fr/a-toulouse/a-pied-2/ http://www.cityproject.it/metrominuto-fei-fa-camminare/ https://web.archive.org/web/20160510111653/http://www.latw.it/progetti/metrominuto-milano/ http://gre-kow.livejournal.com/26006.html http://www.ciudadesquecaminan.org/metrominuto/mao-mahon/ http://www.ciudadesquecaminan.org/metrominuto/arahal/ http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/05/29/turismo-geologico-nueve-kilometros-centro-monforte/0003_201605M29C4991.htm

Categoría:Cartografía Categoría:Urbanismo Categoría:Mapas