Celia Suñol i Pla, nada en Barcelona o 5 de maio de 1899 e finada na mesma cidade o 8 de xuño de 1986, foi unha escritora española en lingua catalá.Cèlia Suñol

Traxectoria Filla de Antonia Pla i Manent e do político Antonio Suñol i Pla, despois duns anos de infancia e adolescencia de formación e estabilidade, a morte dos seus pais marcaron un punto de inflexión na súa vida. En 1921 enfermou de tuberculose e foi a Suíza para curarse. Alí coñeceu a Kaj Hansen, con quen casou en Dinamarca en 1922. Un ano despois volven xuntos a Cataluña, onde teñen ao seu fillo Antoni. En 1929, Hansen morreu. Posteriormente Celia Suñol casou con Joaquim Figuerola, con quen tivo, en 1931, á súa filla Rosa. En 1932 incorporouse como secretaria ao Departamento de Cultura da Generalitat de Cataluña. En 1945 morreu Joaquim Figuerola. Dous anos despois, gañou o Premio Joanot Martorell, actual Premio Sant Jordi, coa súa novela Primera part. En 1950 publicou L'home de les fires i altres contes. Ao sesenta e cinco anos perdeu a vista.

Celia Suñol morreu en 1986, á idade de 87 anos.

Obra publicada 1947 — Primera part, Barcelona, Aymà. Reeditada por Adesiara en 2014 cos fragmentos censurados polo franquismo. 1950 — L'home de les fires i altres contes, Barcelona, Selecta.

Premios Premio Joanet Martorell de novela en 1947 por Primera part.

Notes

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Finados en 1986 Categoría:Nados en 1899