miniatura|Edificio da escola, hoxe Casa da Cultura da Bandeira.

A Sociedad Pro-Escuelas en Bandeira foi unha sociedade de emigrantes galegos do concello de Silleda, fundada en Buenos Aires o 20 de marzo de 1909. Aínda que a súa denominación parece reducila á vila da Bandeira e ao resto da parroquia de Manduas, a creación desta agrupación debeuse tamén a emigrantes doutras parroquias próximas como Cervaña, Chapa, Lamela e MoaldeXosé Manuel Malheiro Gutiérrez, “Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio”. Un proxecto Innovador da sociedade Pro Escuelas en Bandeira, en Estudios Migratorios nº 4 (Decembro 1997), páx. 117 a 143..

Editou en Buenos Aires a revista Fomento de la Instrucción Gallega (1909-1911) e a súa continuadora Lux (1913).

miniatura|Placa da Sociedad Pro Escuelas en Bandeira. En 1928 comezou a construción da Escuela de Instrucción Primaria y de Comercio na vila da Bandeira, a carón da estrada Santiago-Ourense (N-525), que se inaugurou en 1930 e que estaría activa ata a Guerra civil española. Incautada tralo conflito, funcionou como escola nacional ata 1978, cando regresou ás mans da Sociedad, que a cedeu ao Concello de Silleda. Tras unha rehabilitación na década de 1980, hoxe en día este edificio é usado como local social e casa da cultura, onde ten a súa sede a Asociación Cultural Vista Alegre.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do edificio na páxina web Bandeira, un pobo encantador "Vista Alegre celebra el centenario de la Sociedad Pro Escuelas de Bandeira" Faro de Vigo (20/5/2009) (Consultado o 21/4/2016). "Un centro en A Bandeira con raíces bonaerenses" Faro de Vigo (29/09/2015) (Consultado o 21/4/2016).

Categoría:Sociedades de emigrantes Categoría:Silleda