miniatura|Adina no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752. Santa María de Adina é unha parroquia do concello pontevedrés de Sanxenxo. Segundo datos do IGE, tiña 4.834 habitantes no ano 2025, dos que 42 eran mulleres e 31 homes, o que representa un ligero aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 4.783 veciños, e 2009, cando eran 4.662.
Limita ó norte coa parroquia de Gondar, ó sur coa ría de Pontevedra, ó leste coas parroquias de Nantes e Padriñán, e ó oeste coas de Noalla e Arra. Ten unha extensión de 10,5 km² (incluíndo a parroquia eclesiástica de Arra) e 17 entidades de poboación, entre as que destaca Portonovo.
Segundo a arquidiocese de Santiago de Compostela, o seu nome oficial é Santa María de Portonovo (Adigna), pero é de uso habitual polos seus veciños o nome de Santa María Adina de Portonovo, en concordancia co uso habitual do galego de antepoñer a advocación á localización xeográfica da parroquia. Neste caso, Adina utilízase como un título da Virxe, que deu, por extensión, en nome do lugar de situación da igrexa.
Patrimonio histórico e artístico A igrexa de Santa María de Adina conserva restos románicos de finais do século XII, xunto con elementos góticos e outros do século XVI.
No interior da igrexa e servendo de pé do altar maior, consérvase un panel dun baldaquino que representa a Anunciación. O panel estivo colocado no frontal do osario da igrexa e presenta a imaxe da Virxe picada.
Lugares e parroquias Lugares de Adina
Parroquias de Sanxenxo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía FILGUEIRA VALVERDE, Xosé; RAMÓN E FERNÁNDEZ-OXEA, Xosé: Baldaquinos gallegos, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña 1987.
Ligazóns externas Páxina web do concello de Sanxenxo
Outros artigos Lugares de Sanxenxo
Categoría:Parroquias de Sanxenxo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María