The Man in the High Castle é unha novela ucrónica de Philip K. Dick publicada en 1962. A novela transcorre nos Estados Unidos, 15 anos despois de que as forzas do Eixe (Alemaña, Italia e o Xapón e os seus aliados) derroten aos aliados na segunda guerra mundial. Neste mundo alternativo, o antigo territorio dos Estados Unidos foi dividido en tres partes, ocupando a súa costa estas forzas alemás e a costa oeste forzas xaponesas, situándose no medio unha franxa de estados autónomos.
Aínda que non é a primeira obra que trata unha versión alternativa da historia, esta novela practicamente definiu este xénero de literatura. Gañou un premio Hugo e axudou a Dick a converterse nun dos máis coñecidos escritores de ciencia ficción do seu tempo. Dentro das súas novelas, é unha das máis centradas nos personaxes, e practicamente non trata con temas clásicos da ciencia ficción que alagan as súas outras novelas.
Sinopse O mundo alternativo miniatura|dereita|Mundo alternativo de The Man in the High Castle O punto de diverxencia entre o mundo do home no castelo e a historia real é o asasinato do presidente dos Estados Unidos, Franklin D. Roosevelt, en 1933. Isto evita que o país se recobre da Gran Depresión, instaurando unha política de illamento durante a segunda guerra mundial.
Sen a asistencia dos Estados Unidos, Inglaterra e, finalmente, o resto de Europa, foron derrotadas polo Eixe. A frota xaponesa foi capaz de ocupar Hawai e a costa oeste dos Estados Unidos coa súa propia versión da guerra lóstrego.
Para 1947, todo o territorio dos aliados estaba baixo o control do Eixo. O territorio estadounidense reflicte a nova polaridade do mundo. Mentres a costa oeste (estados do Pacífico) está baixo o dominio xaponés, a costa leste (Estados Unidos) permanece ocupada polos alemáns. Os estados centrais (estados das Montañas Rochosas) aparentemente lograron manterse autónomos, pero están divididos en dúas áreas de influencia, unha xaponesa e outra alemá.
Adolf Hitler quedou incapacitado por sífilis cerebral ao final da guerra, polo que o chanceler do NSDAP, Martin Bormann, asumiu o liderado de Alemaña. Os nazis crearon o seu propio imperio colonial, causando xenocidios masivos de xudeus e negros, devastando África e desecando o Mediterráneo para convertelo en terras de cultivo. Tamén se lanzaron á exploración do espazo e desenvolveron tecnoloxías tales como o dominio do plástico, a produción masiva de automóbiles, a televisión, a bomba atómica e a bomba de hidróxeno.
Xapón, pola súa banda, lanzouse á conquista de Asia e América do Sur, con resultados dispares, e só logrou a ocupación de parte da China e Rusia. Cara ao momento no que transcorre a narración, Xapón e Alemaña atópanse enfrontados nunha guerra fría, marcada pola superioridade tecnolóxica alemá sobre o seu rival, que se estima de dez anos.
Durante a novela, Martin Bormann morre e os outros xerarcas nazis como Joseph Goebbels e Reinhard Heydrich compiten para converterse no novo chanceler do Reich. Ao mesmo tempo, existe un complot para realizar un ataque por sorpresa con armas nucleares sobre Xapón que permita a Alemaña ocupar as súas posesións imperiais.
Adaptacións Audiolibro En 1997 publicouse un audiolibro de The Man in the High Castle, lido por George Guidall e cunha duración aproximada de 9,5 horas, divididas en sete cintas de casete. No ano 2008 apareceu outro audiolibro publicado por Blackstone Audio, lido por Tom Weiner, cunha duración de 8.5 horas distribuídas en 7 CDs. No ano 2014 apareceu unha terceira edición, esta vez publicada por Brilliance Audio. O encargado de poñer voz ao relato foi Jeff Cummings, durante 9:58 horas. Televisión
Tras un longo número de intentos de adaptación do libro ás pantallas, a unidade de produción cinematográfica de Amazon comezou en outubro de 2014 a gravar un episodio piloto de The Man in the High Castle en Roslyn, Washington, para unha nova serie que foi emitida na plataforma Amazon Prime. O episodio piloto foi emitido por Amazon Studios o 15 de xaneiro de 2015, e foi o episodio piloto máis visto na historia de Amazon, segundo o vicepresidente de Amazon Studios, Roy Price. O 18 de febreiro de 2015, Amazon deu permiso para a produción da serie. A serie estivo dispoñible para emisión en liña o 20 de novembro de 2015.
A serie diverxe da novela en varios aspectos significativos. Na serie, os Pacific States of America e o Eastern American Reich, aparecen como meras provincias dos imperios xaponés e alemán, sen ningún signo de goberno autónomo. As Montañas Rochosas se converten, literalmente nunha zona neutral gobernada pola anarquía.
A segunda guerra mundial parece rematar de xeito simbólico en 1945, cos Estados Unidos rendéndose de xeito incondicional trala destrución de Washington, D.C. por unha bomba de hidróxeno; en lugar de 1947, como sucede no libro, en que os Estados Unidos son invadidos e derrotados por terra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Novelas de ciencia ficción