Javier Teniente Lago, nado en Vigo en 1968, é un fotógrafo galego.

Traxectoria Comezou como fotógrafo no xornal Atlántico Diario e despois estivo en Faro de Vigo. Na actualidade traballa como freelance, publicando as súas fotografías en El País Semanal, Geo, Interviú, La Vanguardia, El Mundo, Tiempo, Planeta Humano, Gatopardo ou Arte Fotográfico. Colaborou con organizacións internacionais como Nacións Unidas, Médicos do Mundo, Médicos sen Fronteiras ou Acción contra a Fame.

Obra La Ruta Iluminada (Xunta de Galicia, 2000) Emergencias Humanitarias (Médicos do Mundo, 2001) Mans salgadas (Ed. Xerais, 2002; sobre a pesca en Galicia) Iraq: días de posguerra (Ed. Xerais, 2003; sobre a guerra de Iraq) Cabalos de vento. Curros de pedra (Ed. Xerais, 2009; sobre a rapa das bestas)

Premios Premio Internacional Luis Valtueña de Fotografía Humanitaria 2003 (Guerra de Iraq) e 2005 (tsunami de Sumatra) Premio Galicia de Comunicación (2004) Mención especial nos Premios Ortega y Gasset de xornalismo (2006, tsunami de Sumatra)

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes