A dos peramelinos (Peramelinae) é unha subfamilia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos peramelemorfos e familia dos peramélidos.Peramelinae no MSW.

Todos os membros da subfamilia son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1825 polo naturalista inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en Ann. Philos., n.s., 10: 336.

Etimoloxía O nome científico da subfamilia, Peramelinae, está formado sobre a base do nome Perameles, o seu xénero tipo, coa adición da forma sufixa do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[http://www.oed.com/view/Entry/140516;jsessionid=028C7DA45C2C8E2E53FBBB305BDF4287?redirectedFrom=Perameles#eid Perameles}} no Oxford English Dictionary.

É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelinae significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).

Clasificación Segundo Mammal Species of the World, e o ITIS, subfamilia está formada por dous xéneros coas especies e subespecies seguintes:

Subfamilia Peramelinae Xénero Isoodon Isoodon auratus Isoodon auratus auratus Isoodon auratus arnhemensis Isoodon auratus barrowensis Isoodon macrourus Isoodon macruourus macrourus Isoodon macruourus moresbyensis Isoodon obesulus Isoodon obesuslus obesulus Isoodon obesulus nauticus Xénero Perameles Perameles bougainville Perameles eremiana Perameles gunnii Perameles nasuta Notas

Véxase tamén

Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos Marsupiais Australidelfos Peramelemorfos Peramélidos

Ligazóns externas Peramelinae Gray, 1825 no MSW. Peramelinae Gray, 1825 no ITIS. Peramelinae na EOL.

Categoría:Marsupiais