O Gran Premio de Mónaco de 2016 (oficialmente Formula 1 Grand Prix de Monaco 2016) é unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 29 de maio de 2016 no Circuíto de Mónaco, Monte Carlo, Principado de Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2016. Foi a sesaxésima cuarta carreira como unha proba do Campionato do Mundo, e a setenta e catro carreira en xeral.
Nico Rosberg é o gañador defensor da carreira logo de gañar os tres últimos Gran Premio de Mónaco seguidos, co obxectivo de converterse no segundo home logo de Ayrton Senna en gañar catro consecutivos, chega a rolda con trinta e nove puntos de vantaxe no campionato de pilotos sobre o piloto de Ferrari Kimi Räikkönen. O equipo de Rosberg, Mercedes, mantén unha vantaxe de corenta e oito puntos de vantaxe sobre Ferrari no campionato de construtores.
Informe Antecedentes Fernando Alonso recibiu un novo motor de combustión, revisado para o seu coche, o seu terceiro de cinco permitido ao longo da tempada sen recibir unha penalización na grella. O fornecedor de motores Honda destacou que non usaran ningunha ficha de desenvolvemento, permítense un conxunto de cambios limitados ás unidades, mellorando soamente a fiabilidade. O equipo tamén equipou ambos coches con novas baterías e unidades de control electrónico, tamén para mellorar a fiabilidade dos coches. Durante a sesión de proba de dous días que tivo lugar despois do anterior Gran Premio no Circuíto de Barcelona-Cataluña, Renault introduciu unha versión actualizada da súa unidade de potencia, que foi utilizado durante a proba, a satisfacción do piloto Kevin Magnussen, quen declarou que a nova unidade foi un paso adiante na potencia e facilidade de condución. Instou ao equipo para apurar a presentación da unidade de potencia na carreira de Mónaco, en lugar do seguinte Gran Premio do Canadá como estaba previsto orixinalmente. Renault decidiu facelo, con todo, só foron capaces de entregar unha unidade actualizada tanto ao seu equipo de fábrica como a a Red Bull, quen o puxo en servizo baixo o nome de TAG Heuer. As dúas unidades foron finalmente entregadas a Magnussen en Renault e a Daniel Ricciardo no Red Bull.
Logo do seu controvertido accidente e dobre abandono na carreira anterior en España dúas semanas antes, prestouse especial atención aos líderes do campionato Mercedes e os seus pilotos Nico Rosberg e Lewis Hamilton. O equipo foi firme en que un incidente deste tipo non se podería repetir, co seu xefe de equipo Toto Wolff dicindo: "Non podemos darnos o luxo de deixar caer a pelota, polo que debemos permanecer unidos, seguir sendo fortes e devolvendo o duro golpe deste fin de semana." Cunha vitoria, Rosberg podería converterse no único piloto agás Ayrton Senna en gañar o Gran Premio de Mónaco catro veces seguidas, mentres que Hamilton sufriu unha serie de malos resultados no circuíto, logo de gañar unha soa vez en 2008. Na carreira do ano anterior, Hamilton perdera o que sentía era unha vitoria segura por unha decisión equivocada dos boxes durante un período de coche de seguridade.
A carreira será o debut en competición do novo composto de pneumáticos ultrabrandos de Pirelli, que se proporcionan xunto cos compostos súper brando e brando. De acordo cos regulamentos da tempada , cada piloto ten que deixar de lado un conxunto cada un dos dous compostos máis brandos para a carreira e un xogo dos ultrabrandos para a Q3 (no caso de que avanzar). Os pilotos teñen a liberdade para elixir o uso dos outros compostos para os restante dez dos trece conxuntos.. A partir desta carreira en diante, a FIA permite aos pilotos a elixir un deseño de casco alternativo para unha fin de semana por tempada, unha práctica prohibida polo xeral, xa que teñen que usar o mesmo deseño para que sexan máis recoñecibles para os espectadores e as audiencias de televisión. Como consecuencia diso, Felipe Massa presentou un casco cunha extensa obra de arte do artista de graffiti Os Gêmeos, o seu compañeiro de equipo Valtteri Bottas presenta unha imaxe inspirada nun casino e o pilot de Haas Romain Grosjean loce unha homenaxe ao falecido Jules Bianchi no seu casco.
Práctica Libre
Polo regulamento para a tempada de 2016, realizanse dúas prácticas de noventa minutos e unha sesión de sesenta minutos antes da cualificación do sábado. As dúas primeiras polo xeral lévanse a cabo o venres, pero Mónaco é a única excepción, onde as sesións realizanse o xoves, co fin de minimizar o corte e peche das estradas aos residentes locais. Na primeira sesión o xoves pola mañá, Lewis Hamilton foi o máis rápido cun tempo de 1:15.537, unha décima de segundo máis rápido que o seu compañeiro de equipo Nico Rosberg. Eles foron seguidos por Sebastian Vettel, a case medio segundo de Hamilton e os dous Red Bull de Daniel Ricciardo e Max Verstappen, respetivamente. Daniil Kvyat, pilotando para Toro Rosso foi sexto o último piloto en entrar dentro dun segundo do tempo de Hamilton foi o único dos pilotos de cabeza en establecer o seu tempo co superbrando en lugar dos pneumáticos máis rápidos Ultrabrandos. Houbo varios incidentes durante a sesión, logo de vinte e catro minutos, Felipe Massa golpeou a barreira na curva un, danando o seu coche e que provocou un período de coche de seguridade virtual (VSC). Máis tarde, Lewis Hamilton bloqueoo os freos no mesmo lugar, pero fi capaz de entrar na zona de escape sen tocar a varanda. Varios outros pilotos tiveron momentos perigosos na primeira curva, pero o incidente máis grave da sesión chegou a tres minutos para o final. Unha cuberta de drenaxe soltouse na primeira curva, rebentando o pneumático traseiro esquerdo de Rosberg e danando o McLaren MP4-31 de Jenson Button, facendo que se sacase a bandeira vermella que puxo fin á sesión.
Na segunda sesión o xoves pola tarde, Ricciardo foi o máis rápido, logrando un tempo de 1:14.607, máis de medio segundo mellor que Hamilton en segundo lugar. Rosberg e Verstappen, quedaron en terceiro e cuarto lugar, foron os únicos outros pilotos en chegar no mesmo segundo que Ricciardo, mentres que os dous pilotos de Williams Valtteri Bottas e Felipe Massa loitaron, quedando 14º e 16º, respetivamente. En Ferrari, Kimi Räikkönen foi o máis rápido no sétimo lugar. O seu compañeiro de equipo, Vettel, tivo unha sesión chea de incidentes que finalmente terminou establecendo o noveno mellor tempo. Trompeou na curva Mirabeau, danando o seu alerón traseiro, só para golpear o muro na primeira curva logo de volver á pista, aínda que continuou con danos na lamia da roda. Produciuse un período de VSC logo de que Romain Grosjean chocara contra a barreira exterior na saída do túnel. Outros dous períodos de VSC producironse cando Rio Haryanto tocou a barreira interior no mesmo lugar e máis tarde despois de que Kevin Magnussen estrelárase na última curva.
Cualificación
Durante a Q1 houbo 2 bandeiras vermellas unha debido a rotura de motor de Felipe Nasr, que xa non puido marcar ningún tempo e outra por un accidente de Max Verstappen.
Clasificacións
Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3Grella 1 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:14.912 1.14.357 1:13.622 1 2 6 Nico Rosberg Mercedes 1:14.873 1:14.043 1:13.791 2 3 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:14.826 1:14.056 1:13.942 3 4 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:14.610 1:14.318 1:14.552 4 5 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:15.333 1:14.989 1:14.726 5 6 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:15.499 1:14.789 1:14.732 11Kimi Räikkönen recibiu unha penalización de cinco postos debido a un cambio da caixa de cambios non programado. 7 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:15.467 1:14.805 1:14.749 6 8 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:15.328 1:14.937 1:14.902 7 9 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:15.384 1:14.794 1:15.273 8 10 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:15.504 1:15.107 1:15.363 9 11 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:15.521 1:15.273 10 12 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:15.592 1:15.293 12 13 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:15.554 1:15.352 13 14 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:15.710 1:15.385 14 15 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:15.465 1:15.571 15 16 20 Kevin Magnussen Renault 1:16.253 1:16.058 16 17 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:16.299 17 18 30 Jolyon Palmer Renault 1:16.586 18 19 88 Rio Haryanto Manor-Mercedes 1.17.295 19 20 94 Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:17.452 20107% tempo: 1:19.832—331:22.467PLFelipe Nasr e Max Verstappen non lograron establecer un tempo de menos do 107% da volta máis rápida durante a Q1. Recibiron o permiso dos comisarios para empezar a carreira.Red Bull decidiu que Verstappen saíse desde o pit lane—12Sauber-FerrariSen tempo21Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Pts. 1 44 Lewis Hamilton 78 1:59:29.133 3 25 2 3 Daniel Ricciardo Red Bull Racing-TAG Heuer 78 +7.252 1 18 3 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 78 +13.825 7 15 4 5 Sebastian Vettel Ferrari 78 +15.846 4 12 5 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 78 +1:25.076 9 10 6 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 78 +1:32.999 5 8 7 6 Nico Rosberg Mercedes 78 +1:33.290 2 6 8 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 77 +1 volta 6 4 9 22 Jenson Button McLaren-Honda 77 +1 volta 13 2 10 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 77 +1 volta 14 1 11 77 Williams-Mercedes 77 +1 volta 10 12 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 77 +1 volta 12 13 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 76 +2 voltas 15 14 94 Pascal Wehrlein MRT-Mercedes 76 +2 voltas 20 15 88 Rio Haryanto MRT-Mercedes 74 +4 voltas 18 Ret 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 56 Danos por colisión 17 Ret 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 54 Danos por colisión PL Ret 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 38 Accidente PL Ret 20 Kevin Magnussen Renault 36 Accidente 16 Ret 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 24 Dirección 8 Ret 7 Kimi Räikkönen Ferrari 15 Accidente 11 Ret 30 Jolyon Palmer Renault 12 Accidente 18 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos.PilotoPuntos10px1 Nico Rosberg10610px 12 Lewis Hamilton8210px 23 Daniel Ricciardo6610px 24 Kimi Räikkönen6110px 15 Sebastian Vettel60
Clasificación do campionato de construtores Pos.ConstrutorPuntos10px1 Mercedes188 10px2 Ferrari12110px3 Red Bull - TAG Heuer112 10px4 Williams - Mercedes6610px 25 Force India - Mercedes37
Nota: só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Mónaco Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1