A National Audubon Society ou Audubon (Sociedade Nacional Audubon) é unha organización ecoloxista sen ánimo de lucro dedicada á conservación da natureza localizada nos Estados Unidos e incorporada en 1905. Audubon é unha das máis antigas deste tipo de organizacións no mundo e utiliza a ciencia, a educación e a defensa das súas bases para progresar na súa misión conservacionista. O seu nome déuselle en honor ao ornitólogo e naturalista franco-americano John James Audubon, que pintou, catalogou e describiu as aves de Norteamérica no seu famoso libro Birds of America publicado por partes entre 1827 e 1838. miniatura|Audubon Society, longa exposición, Southbury, CT.
A sociedade ten case 500 capítulos locais, cada un dos cales é unha organización sen ánimo de lucro independente afiliada voluntariamente coa National Audubon Society, que adoita organizar viaxes de campo para a observación de aves e actividades relacionadas coa conservación. Tamén coordina a Christmas Bird Count celebrada cada mes de decembro en EUA, un modelo de ciencia cidadá (realizada por científicos non profesionais), e en sociedade co Cornell Lab of Ornithology a chamada a Great Backyard Bird Count celebrada cada mes de febreiro. Xunto co Cornell, Audubon creou eBird, unha base de datos en liña para a observación de aves. A National Audubon Society tamén ten moitos socios en todo o mundo, que axudan ás aves que migran alén das fronteiras dos Estados Unidos, como a BirdLife International baseada en Inglaterra, a Bird Studies Canada, e moitos socios en América Latina e no Caribe. O International Alliances Program (IAP) de Audubon reúne xente de todo o hemisferio occidental para traballar xuntos para aplicar solucións conservacionistas nas denominadas Important Birds Areas (IBA's).
As oficinas principais están na cidade de Nova York e en Washington, D.C., e ten oficinas estatais nuns 24 estados. Tamén posúe e opera varios centros de natureza abertos ao público, localizados en instalacións urbanas, como nas cidades de Nova York, Joplin, Phoenix, Dallas, e Os Ánxeles, e en refuxios de aves e outras áreas naturais. Os Centros Audubon axudan a crear conexións duradeiras entre as persoas e a natureza, creando representantes para a conservación entre a xente nova e diversas comunidades.
Historia miniatura|237px|"Audubon House", a anterior sede da National Audubon Society no 700 de Broadway en Manhattan, cidade de Nova York.
Desenvolvemento das sociedades Audubon
A iniciativa de crear a Sociedade Audubón foi de George Bird Grinnell. En 1886 George Bird Grinnell, o editor de Forest and Stream estaba abraiado pola neglixente matanza en masa de aves que vía que se estaba producindo nos Estados Unidos. Cando era neno, Grinnell lera avidamente Ornithological Biography, un libro moi influente do gran pintor de aves John James Audubon; tamén asistía a unha escola para rapaces dirixida por Lucy Audubon. Así, cando Grinnell decidiu crear unha organización dedicada á protección das aves silvestres e os seus ovos, non tivo que buscar moito para poñerlle un nome, que sería o de Audubon.
No primeiro ano da súa fundación, a Audubon Society inicialmente tiña 39.000 membros, e finalmente, chegou a 48.862 membros.Rines, George Edwin, ed. (1920). "Audubon Societies". Encyclopedia Americana. Todos os membros asinaban un compromiso de "non molestar as aves." Foron membros salientables o xurista Oliver Wendell Holmes, Jr., o ministro abolicionista Henry Ward Beecher, e o poeta John Greenleaf Whittier. Esta sociedade máis tarde deixou de existir, mais o seu nome e obxectivos sobreviviron.
As organizacións para a protección das aves non eran unha idea completamente nova. Antes de que se organizase a Audubon Society de Grinnell, xa existía a American Ornithologists' Union (AOU), fundada en 1883, que se preocupaba dos perigos aos que tiñan que enfrontarse moitas aves nos Estados Unidos. Porén, houbo ornitólogos influentes que defendían a recolección de aves. En 1902 Charles B. Cory, o presidente electo da AOU rexeitou asistir a unha reunión da Sociedade Audubon do Distrito de Columbia declarando que "Eu non protexo as aves. Mátoas."Moss, Stephen (2004) A Bird in the Bush: A social history of Birdwatching. Aurum Press. p. 78
En 1895 as sociedades Audubon estaban xa organizadas en Massachusetts e Pennsilvania, e poucos anos despois os amantes das aves de moitos outros estados seguiron o seu exemplo. A St. Louis Audubon Society (SLAS) creouse en 1916 co nome St Louis Bird Club. En 1944, o Club de aves converteuse no primeiro capítulo local da Audubon nos Estados Unidos, St. Louis Audubon. O comité nacional das sociedades Audubon organizouse nunha xuntanza realizada en Washington en 1902. No ano 1905 organizouse a National Association of Audubon Societies for the Protection of Wild Birds and Animals (Asociación Nacional das Sociedades Audubon para a Protección de Aves e Animais Silvestres), da cal era presidente William Dutcher, e era secretario e axente financeiro T. Gilbert Pearson. Durante ese tempo, Albert Willcox proporcionaba o apoio financeiro, máis de 331.072 dólares en 1905 e 1906. A finais de 1906, a Association tiña un fondo de doazóns que producía intereses de máis de 336.000 dólares e uns ingresos doutras fontes de aproximadamente 9.000 dólares.
Protección das aves
miniatura|Audubon Center en Bent of the River, Southbury, CT.
As aves nos Estados Unidos estaban ameazadas pola caza comercial e pola industria da moda. A presión que exercían sobre elas os entusiastas da caza era intensa. Por exemplo, o álcido Pinguinus impennis, que tiña o hábito de agruparse densamente sobre zonas rochosas e praias que o facía especialmente fácil de cazar, foi levado ata a extinción a comezos do século. Durante só unha semana na primavera de 1897, a autora de libros sobre natureza Florence Merriam afirmaba que vira 2.600 paporrubios postos á venda nun posto de mercado de Washington. A comezos do século XX, a venda de carne de aves nunca fora maior. Unha segunda ameaza igualmente grande para a poboación de aves era que se cobizaban as súas plumas. A finais da década de 1890 a American Ornithologists' Union estimaba que se mataban anualmente 5 millóns de aves para abastecer o mercado da moda. No último cuarto do século XIX, usábanse plumas ou mesmo paxaros enteiros, para decorar os cabelos, sombreiros e vestidos das mulleres. Houbo casos de asasinatos de gardabosques a mans de furtivos en 1905 e 1908 e mesmo o asasinato dun empregado da Audubon Society en Carolina do Sur en 1908.
Pero a opinión pública non tardou en volverse en contra da industria da moda. Grazas ao apoio de personaxes coñecidos como a membro da alta sociedade de Boston Harriet Hemenway, e do presidente Theodore Roosevelt, un declarado simpatizante da Audubon Society, xunto cunha ampla campaña de lectura de cartas levada a cabo polas asociacións eclesiásticas, moitas das cales distribuían a mensaxe de Audubon nas súas diversas follas informativas, o comercio de plumas quedou detido por leis como a New York State Audubon Plumage Law (de maio de 1910), que prohibía a venda de plumas de todas as aves nativas do estado. En 1920, aprobáronse leis similares nuns 12 estados. As actividades da Audubon Society son responsables de impulsar moitas leis para o establecemento de comisións de caza e a despregadura de gardabosques, ou a prohibición da venda da caza.
Refuxios En 1918, a National Audubon Society apertou activamente para a aprobación da Lei do Tratado de Aves Migratorias Federal de 1918. Na década de 1920 a organización tamén xogou un papel vital para convencer ao goberno dos Estados Unidos de que protexese áreas naturais esenciais e as incluíse nun sistema de Refuxios de Vida Silveste Nacionais.
A asociación tamén mercou os terreos dalgunhas áreas críticas. En 1923 establecéronse o Santuario Theodore Roosevelt e o Centro Audubon de Nova York, e en 1943 fundouse o Centro Audubon de Greenwich, Connecticut. O Santuario de vida silvestre Paul J. Rainey de Luisiana foi mercado en 1924, e cos seus 110 km2 é aínda o máis grande deles.
A finais do século XX, a organización empezou a poñer énfase no desenvolvemento de Centros en localizacións urbanas, como o de Brooklyn, Nova York; East Los Angeles (California); Phoenix; e Seattle.
Guías de campo
En 1934, cando o número de membros da sociedade baixara a 3.500, e coa nación sufrindo a Gran Depresión, John H. Baker converteuse no presidente da National Audubon Society. Baker, que fora aviador na primeira guerra mundial e un afervoado amante das aves, era tamén un home de negocios que empezou a darlle novo vigor á sociedade e reforzou os seus orzamentos por medio da publicación de libros. A innovación de Baker era empezar a publicar descricións en formato libro e guías de campo ilustradas sobre aves e mamíferos. Rapidamente, en asociación co editor de Nova York Alfred A. Knopf, as Guías de campo Audubon convertéronse en imprescindibles en calquera biblioteca ambientalista e artística. Hoxe, moitas guías de campo de Audubon foron adaptadas como aplicacións apps para teléfonos móbiles. Esta serie de guías de campo abranguen unha ampla gama de tópicos relacionados coa natureza, incluíndo rochas e minerais, plantas silvestres, o firmamento nocturno e moitos animais. Esta serie vendeu uns 18 millóns de exemplares e utiliza hoxe fotografías en troques das pinturas encargadas ou outros debuxos que utilizan outras guías.
O DDT, a caza de baleas e política
Durante o período posterior á segunda guerra mundial, A National Audubon Society loitou con grande enerxía contra o uso do pesticida DDT. Xa na década de 1960 a sociedade fixo circular borradores de leis para establecer axencias de control de pesticidas a nivel estatal. En 1962 a publicación do libro Silent Spring polo membro de Audubon Rachel Carson deulle á campaña contra os "pesticidas persistentes" un enorme eco nacional. Despois da súa morte en 1964, a National Audubon Society creou un fondo dedicado expresamente a varios preitos legais na súa guerra contra o DDT.
Hoxe Audubon galardoa a mulleres destacadas en actividades a prol da conservación co prestixioso Premio Rachel Carson. Entre os laureados con este premio están Bette Midler, fundadora do Proxecto de Restauración de Nova York, a Dra. Sylvia Earle, oceanógrafa e fundadora da Deep Search International, Majora Carter, fundadora e directora executiva da Sustainable South Bronx, a actriz e activista conservacionista Sigourney Weaver, e o presidente do Natural Resources Defense Council (NRDC) Frances Beinecke.Women in Conservation
Ao longo das décadas de 1960 e 1970, a sociedade empezou a usar a súa influencia para enfocar a atención nunha ampla variedade de asuntos ambientais e implicouse no desenvolvemento de importantes novas políticas de protección ambiental e leis. O equipo e membros de Audubon axudaron aos lexisladores a aprobar a Clean Air Act (Lei do Aire Limpo dos Estados Unidos para controlar a contaminación atmosférica), a Clean Water Act (Lei da Auga Limpa), a National Wild and Scenic River Act (Lei de Ríos Pintorescos e Silvestres Nacionais), e a Endangered Species Act (Lei de Especies en Perigo). En 1969 a sociedade abriu unha oficina en Washington, D.C., nun esforzo por manter aos lexisladores informados sobre as prioridades de Audubon.
Na década de 1970, Audubón ampliou a súa acción a intereses globais. Unha área na que estivo activamente implicada foi a caza das baleas. Só entre 1973 e 1974, a pouco regulada industria baleeira cazara 30.000 baleas. Pero en 1985, despois da 37ª xuntanza anual da Comisión Baleeira Internacional celebrada en Bournemouth, Inglaterra, á que asistiron funcionarios da National Audubon Society e outras organizacións ambientalistas, estableceuse unha moratoria mundial sobre a caza das baleas. Esta moratoria tivo tanto éxito en recuperar as poboacións de moitas especies de baleas, que os "usos non consuntivos das baleas" poden permitirse outra vez en certas áreas.