Liptornis hesternus é unha especie de ave fósil de afinidades incertas. Foi descrita polo paleontólogo arxentino Florentino Ameghino en 1894 a partir de vértebras cervicais datadas no Mioceno medio da Patagonia. Daquela foi relacionado cos Pelecanidae, aínda que isto é cuestionable. Nunha revisión paleontolóxica feita en 1933, Lambrecht relacionouno coa superfamilia Sulides sen clasificalo nunha familia. Un estudo posterior suxeriu clasificalo na familia Anhingidae.

Notas

Categoría:Aves Categoría:Fósiles